Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cinco compañías e oito funcións abren o Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença

As entradas poden reservarse en www.tui.gal e www.visitvalenca.com

As entradas poden reservarse en www.tui.gal e www.visitvalenca.com

Etiquetas del contenido

Fecha: 23 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Tui

O venres, 23 de xullo, comeza Festival Internacional de Artes de Rúa da Eurocidade Tui-Valença coas primeiras oito funcións da man de cinco compañías. Dende ás tres e media da tarde hora española e até a medianoite as rúas e prazas de Tui e Valença converteranse no escenario no que gozar de espectáculo de teatro, clown, música, …

O polifacético artista Antón Coucheiro, será o encargado de abrir o festival ás 15.30 hora española no Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença, co seu  último espectáculo “Sonámbulo”. Trátase dunha comedia sen palabras a bordo dunha cama. É unha viaxe onírica na que atoparemos un bufón rosmón que non consegue durmir, un pallaso que conta ovellas, … Humor sen palabras, clown, teatro físico, efectos máxicos conforman esta comedia visual da que poderemos volver gozar ás 20.30 h no Paseo da Corredoira de Tui.

Arsenio Baruffi presentará o seu espectáculo “My Shoes” ás 16.30 h no Largo do Governo Militar na Fortaleza de Valença e ças 23 h no Paseo da Corredoira en Tui. My Shoes é un espectáculo de manipulación de obxectos e teatro de rúa que sorprenderá ao público con diversas técnicas e grandes efectos visuais.

Música e número de circo combínanse no espectáculo itinerante que o grupo portugués Farra Fanfarra ofrecerá dende ás 17.30 h pola Fortaleza de Valença e ás 21.30 h no Paseo da Corredoira en Tui.

Fredi&Cía achegan ás 18.30 h ao Jardim das Amoreiras na Fortaleza de Valença “Circanelo” no que se mestura teatro xestual, danza e acrobacia.  Volverá o sábado ás 16.30 na Praza do Concello en Tui. Para a función de Tui están xa esgotadas as entradas.

Por ultimo mañá venres, ás 22 h, no Paseo Fluvial, acollerá a Mamá Cabra en concerto co seu espectáculo máis recente “A fraga do meu avó”, que nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e avoas.

Lembramos que para todos os espectáculos – salvo os itinerantes, é preciso reserva previa de entrada até 30 minutos antes do inicio ou até esgotar as prazas dispoñibles en www.tui.gal e www.visitvalenca.com

O festival conta con todas as medidas de seguridade derivadas da actual situación sanitaria con control de accesos, aforos limitados, desinfección con xel hidroalcohólico na entrada, uso obrigatorio de máscara, distancia de seguridade entre espectadores, …

Programación

Venres, 23 de xullo

  • Ás 15.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Antón Coucheiro presenta “Sonámbulo”. Aforo 60 persoas.
  • Ás 16.30 h no Largo do Governo Militar en Valença Arsenio Baruffi. Aforo 50 persoas
  • Ás 17.30 h en Valença espectáculo itinerante Farra Fanfarra
  • Ás 18.30 h no Jardim das Amoreiras en Valença Fredi&Cia presenta “Circanelo”. Aforo 60 persoas.
  • Ás 20.30 h no Paseo da Corredoira Antón Coucheiro presenta “Sonámbulo”. Aforo 120 persoas.
  • Ás 21.30 h no Paseo da Corredoira espectáculo itinerante Farra Fanfarra
  • Ás 22.00 h no Paseo Fluvial Mamá Cabra presenta “A fraga do meu avó”. Aforo 240 persoas.
  • Ás 23.00 h no Paseo da Corredoira Arsenio Barafuti. Aforo 120 persoas.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí