Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cinco recomendacións para xestionar en familia este tempo de confinamento

A psicóloga rosaleira Andrea Iglesias lembra que en plena crise sanitaria o máis importante é pasar tempo de calidade xuntas e xuntos

A psicóloga rosaleira Andrea Iglesias lembra que en plena crise sanitaria o máis importante é pasar tempo de calidade xuntas e xuntos

Fecha: 06 de Abril de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Xa na cuarta semana de estado de alarma e a piques de cumprirse un mes de confinamento para frear os contaxios por COVID-19, é o momento de ter en conta algunhas pautas psicolóxicas que axuden a afrontar este illamento. A psicóloga Andrea Iglesias, de novo en colaboración co Concello do Rosal, fai unha serie de recomendacións dirixidas ás familias para superar do mellor xeito posible esta alerta sanitaria e que os días pechados na casa non pesen tanto, cinco consellos para unha boa convivencia e para superar a crise sanitaria que rematan cunha idea central, que "o máis importante é pasar tempo de calidade en familia".

A primeira recomendación da psicóloga rosaleira é manter a calma. As persoas adultas son o modelo que os nenos e nenas seguen para afrontar situacións que se saen da normalidade, por iso aínda que se cambien normas, se teñan dúbidas ou se reorganice a estrutura do fogar é fundamental manter o control e transmitirlles tranquilidade e afecto.

Tamén hai que manter aos cativos e cativas informados do que pasa, coñecer que é o que saben de todo o que está a pasar, darlles información veraz pero sen detalles innecesarios e aclarar todas as súas dúbidas. Nin sobreinformación nin mensaxes irreais e positivas en extremo: hai que axudarlles a xestionar o que senten e buscar alternativas aos problemas que poidan xurdir.

Iglesias tamén recalca a importancia de manter rutinas e horarios, tanto familiares como individuais. Pódese deseñar coas fillas e fillos un horario de tarefas, hixiene, xogo, chamadas frecuentes aos avós... de xeito consensuado para que o manexen da mellor forma posible. Sempre sen esquecer que é difícil manter a normalidade nunha situación excepcional como a que se está a vivir.

Tecnoloxías e pantallas si, pero cun uso limitado dependendo da idade e necesidades de comunicación de cada nena ou neno, segundo recomenda a psicóloga. Hai que tratar de ser flexibles e axudarse de ferramentas como o establecemento de tempos, o fomento doutras actividades físicas, xogos...

Por último, Iglesias lembra que é importante facer os deberes e tarefas escolares, pero sen que se converta nun conflito constante. Estudar a distancia supón un esforzo extra e moitos nenos e nenas e adolescentes non dispoñen dos medios suficientes para manter o ritmo ao que estaban habituados ou precisan un apoio que as familias non poden darlle. Os máis maiores ou adolescentes deben organizarse para avanzar no temario integrando as tarefas escolares nas novas rutinas escolares; mentres, os máis pequenos e pequenas, non precisan facer tarefas educativas todo o tempo e é un bo momento para que aprendan a facer cousas por si mesmos para non aburrirse.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones