Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CINE, CONCERTOS E EXPOSICIONES NO MES DE AGOSTO TOMIÑÉS

As actividades están organizadas na súa maioría pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración cos comerciantes e Caixanova

Fecha: 13 de Agosto de 2010

Fuente: www.concellotomino.com

CINE, CONCERTOS E EXPOSICIONES NO MES DE AGOSTO TOMIÑÉS

As actividades están organizadas na súa maioría pola Concellería de Cultura, Educación e Participación Veciñal en colaboración cos comerciantes e Caixanova

Tomiño, 13 de agosto de 2010.- Tomiño concentra no mes de agosto gran parte da súa actividade cultural. A Concellaría de Cultura e a Asociación de Comerciantes de Tomiño organizan, moitas veces de forma conxunta, diferentes actividades e actos dirixidos a todos os públicos.

Así, os espazos de recreo e esparexemento da vila, aparecen cheos de vida durante todo o mes.

O pasado martes 3 de agosto comezaba o ciclo de Cine de Verán Concello de Tomiño. A partir de entón, todos os martes do mes, ás 22.30 hs. na Praza do Seixo (en caso de choiva na Casa da Cultura), proxéctanse diferentes películas nas que teñen cabida todos os públicos.

Este ciclo de cine está organizado pola Concellaría de Cultura, Educación e Participación Veciñal e Caixanova xunto coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes de Tomiño (ADETO).
A actividade, habitual na programación cultural estival do Concello, vense desenvolvendo todos os veráns, acadando en cada proxección gran número de asistentes.
As películas que se ofrecen este ano son, como é lóxico, aptas para todos os públicos na súa maioría, de acordo ao seguinte calendario:
- Martes 3: “Pequeños invasores” (duración 86´ -  calificación APTA).
- Martes 10: “Ice Age 3: el origen de los dinosaurios” (duración 85´- calificación Apta).
- Martes 17: “¿Que fue de los Morgan?” (duración 103´- calificación Apta).
- Martes 24: “Planet 51” (duración 91´- calificación Apta).
- Martes 31: “X Men Orígenes Lobezno” (107´ - calificación: 13 anos).

O concelleiro de Cultura, Jesús Castiñeira, expresou o seu agradecemento a
Caixanova e ADETO pola súa colaboración nesta actividade tan consolidada e exitosa no noso municipio que pretende achegar a todos os veciños/as do municipio unha variedade de películas nas noites de verán.
Por outra banda, completan a oferta cultural exposicións e concertos.



O pasado 6 de agosto, a Praza da Igrexa de Goián acolleu o concerto do grupo musical tomiñés “Los gatos y el Sexo”, agrupación que interpretou, como é habitual, versións de músicos de actualidade. 

O sábado 7, na mesma praza goianesa, celebrouse o XV Encontro de Bandas de Música, coa participación da Unión Musical de Coruxo, Unión Musical de Ponteledesma e Agrupación Musical de Goián. Esta última foi a organizadora do acto coa colaboración da Concellaría de Cultura.

Noitarega
O vindeiro venres 13 ás dez e media da noite, na Praza da Mina ofrecerá un concerto o grupo de folk tradicional “Noitarega”.
O vindeiro día 20, tamén na Praza da Mina, a partir das 22.30 horas, actuará a bailarina Paula Cobián, e o 27, na Praza do Seixo, fronte ao Concello, haberá un concerto do grupo TBM Show.

Exposicións
Con motivo da inauguración da antiga casa dos mestres de Amorín, a Concellaría de Cultura organiza dúas exposicións que poderán visitarse os días 28 e 29 de agosto en horario de mañá e tarde (de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas). Trátase dunha mostra de pintura titulada “4 artistas da nosa terra” e outra de manualidades. Ambas no Centro Social e Cultural de Amorín (antiga casa dos mestres). A exposición de pintura amosará a obra dos artistas Jesús Jáuregui, Augusta Machado Faría, Ana Mª Martínez Álvarez e Mª Carmen Sérrano.
A inauguración das exposicións terá lugar o día 28 ás 12 do mediodía.




Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones