Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Clausura da V edición do Campus de Fútbol O Rosal

O Campus de Fútbol -O Rosal- está organizado pola UD Ribera en colaboración co Concello

O Campus de Fútbol -O Rosal- está organizado pola UD Ribera en colaboración co Concello

Etiquetas del contenido

Fecha: 30 de Julio de 2022

Fuente: Concello do Rosal

75 nenas e nenos de entre 5 e 16 anos desfrutaron ao grande da V edición do Campus de Fútbol “O Rosal”, organizado pola UD Ribera en colaboración co Concello.

As instalacións deportivas de A Mata e o polideportivo do Colexio Suárez Marquier acolleron as actividades deste campus que comezou a súa andaina o 4 de xullo co obxectivo de ofertar unha alternativa positiva de lecer e promover hábitos de vida saudables entre as e os máis pequenos.

Ao longo do mes de xullo, o Campus de Fútbol “O Rosal” convertiuse nun espazo de convivencia, aprendizaxe e, sobre todo, diversión que levarán no recordo todos e todas as participantes.

Segundo lembra o director do campus, Abel Lomba, “a U.D. Ribera tratou de ofrecer unha experiencia o máis completa posíbel e penso que o conseguimos”. Ademais dos adestramentos propios do fútbol, esta quinta edición recibiu as visitas de Pablo Durán, o atacante da SD Compostela, que a través dunha charla do máis produtiva deixou claro que con esforzo, ilusión e ganas todo é posible. E tamén pasou polo campus Laura Fernández Pedrera do CTA Vigo. A xoven e prometedora árbitra explicoulles aos nenos e nenas as reglas do xogo e, coa súa presenza demostrou tamén que existen referentes femininos nun deporte que levanta paixóns e que pode ensinar moito.

Non faltaron neste campus os labores de técnica e coordinación, unha masterclass de balonmán a cargo de Acanor Novás Valinox, e deportes alternativos, como o béisbol.

Hoxe tivo lugar a clausura coa entrega de trofeos. A alcaldesa Ánxela Fernández Callís, sinala o éxito da presente edición, coa participación de 75 nenas e nenos “que puideron aproveitar ao máximo unha experiencia que, con seguridade, terá continuidade porque xa se converteu nun referente na nosa contorna”. A rexedora quixo agradecer tamén á UD Ribera “o seu compromiso e o seu esforzo por sacar adiante unha nova edición deste campus de fútbol”.  

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí