Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

COGAMI recolle propostas que permitirán un curso escolar inclusivo para todo o alumnado

A Confederación solicita que a Administración conte coas organizacións de persoas con discapacidade no inicio desta nova etapa escolar.

A Confederación solicita que a Administración conte coas organizacións de persoas con discapacidade no inicio desta nova etapa escolar.

Fecha: 10 de Septiembre de 2020

Fuente: COGAMI

Ante o inicio do novo curso escolar, dende a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (COGAMI) faise un chamamento á Educación para que conte co apoio e asesoramento das organizacións de persoas con discapacidade co fin de que a totalidade do alumnado poida formarse en igualdade de condicións.

 

Tras unha análise da situación das consecuencias causadas polo COVID-19 no alumnado con discapacidade, COGAMI propón medidas para que o novo curso sexa inclusivo e se adapte ás necesidades do alumnado con discapacidade, tanto no ensino presencial como no telemático ou mixto. “Nesta nova realidade non se pode poñer en risco o dereito a unha educación inclusiva e de calidade para todas as persoas”, apunta o presidente de COGAMI, Anxo Queiruga.

 

A pandemia deixou latente a existencia dunha fenda dixital: non todas as familias dispoñen de dispositivos, de competencias para o seu manexo ou de conexión a internet apropiada. A isto hai que engadirlle que non sempre a tecnoloxía está adaptada, o que impide o seu acceso a estudantes con discapacidade.

 

Co fin de buscar solucións, COGAMI recolle un conxunto de medidas que teñen por finalidade garantir a todas as nenas e nenos unha educación en igualdade de condicións, e proponlle á Administración que conte coas organizacións de persoas con discapacidade para que o curso responda ás demandas do alumnado con necesidades educativas especiais. “O curso escolar ten que producirse coa maior garantía para preservar e protexer a saúde de todas as persoas e con todos os apoios que o alumnado necesita”, engade Queiruga.

 

Entre as medidas que propón adoptar COGAMI está a de implementar metodoloxías inclusivas na educación e implantar o enfoque do Deseño Universal para a Aprendizaxe (DUA) en todos os procesos educativos, fomentando a aprendizaxe colaborativa coa finalidade de facilitar a integración da diversidade.

 

O alumnado con necesidades educativas especiais debe contar con persoal de apoio para evitar a sobrecarga nas familias, adoptando medidas de conciliación necesarias para aquelas familias con alumnado en modalidade a distancia ou mixta. Esta nova realidade debe de incorporar a perspectiva da discapacidade como elemento transversal, sendo necesario garantir a atención integral centrada na persoa e acorde ás necesidades específicas do alumnado incrementando, no marco da pandemia actual, a coordinación cos centros sanitarios, especialmente naqueles onde haxa alumnado de alto risco con afeccións crónicas vulnerables á infección por Covid-19, contando cun protocolo específico de actuación.

 

Outras medidas recollen a necesidade de que os programas educativos fomenten a diversidade e teñan en conta as especificidades do alumnado con necesidades educativas especiais así como proporcionar materiais e recursos necesarios, como por exemplo un profesorado formado en novas tecnoloxías, capacitar ao alumnado e ás familias nas competencias dixitais necesarias, a dotación de persoal de apoio, dispositivos electrónicos, conexión a internet ou contar con produtos de apoio,... de cara a dar resposta ás carencias e necesidades que puideran producirse no proceso de ensino-aprendizaxe.

 

Por último, dende COGAMI vese necesario reforzar os programas contra o acoso escolar tendo en conta a situación de maior vulnerabilidade do alumnado que ten discapacidade, co fin de detectar e sensibilizar acerca de casos de violencia e abusos na contorna escolar, familiar ou noutros ámbitos, así como desenvolver actuacións para previr o estigma ou discriminación en relación co COVID-19.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones