Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

COMEZA A CONTA ATRÁS PARA O XI PLAY-DOC QUE OFRECERÁ 32 PELÍCULAS DO 22 AO 26 DE ABRIL EN TUI

Toda a información sobre Play-Doc así coma a programación detallada a realizar pode consultarse en www.play-doc.com

Toda a información sobre Play-Doc así coma a programación detallada a realizar pode consultarse en www.play-doc.com

Fecha: 17 de Abril de 2015

Fuente: www.concellotui.org

Comezou a conta atrás para a celebración do XI Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc que terá lugar na cidade do mércores 22 ao domingo 26 de abril.  Esta mañá na Área Panorámica celebrouse a presentación oficial do evento contando coa presenza do alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, e os directores do festival, Sara García e Ángel Sánchez, acompañados polo xefe territorial de Educación, César Pérez, e pola concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez.

 

Ao longo de cinco días Play-Doc volverá abrir unha ventá ao cinema documental internacional tendo este ano coma eixo central a obra da realizadora Claire Simon. Serán un total de 32 filmes de non ficción os que o público poderá disfrutar nesta edición, unhas proxeccións ás que se sumarán clases maxistrais, obradoiros, e concertos, entre outras actividades.

 

A inauguración oficial será o próximo mércores, 22 de abril, ás 20.30h no Teatro Municipal, onde de seguida o público poderá asistir á proxección de "Les patiens" de Claire Simón. A partir de aí nas dúas salas do festival, no Teatro Municipal e na Sala Municipal de Exposición acondicionada especialmente, os asistentes ao festival poderán achegarse ata as últimas producións documentais de máis de 20 países. A entrada a cada sesión terá un prezo de 2€.

 

O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, na presentación desta mañá, lembrou coma Tui tivo a oportunidade de ver nacer e crecer este festival convertido xa nun dos máis importantes que se celebran a nivel galego e nacional grazas ao traballo serio e rigoroso que o seu equipo realiza ano a ano.

 

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, subliñou que Play-Doc é un referente no cine documental en Galicia, sinalando que o feito de que se faga dende Tui dálle un gran valor. Ao tempo fixo referencia a que o festival "non queda parado senón que segue innovado edición a edición"  polo que felicitou aos seus organizadores.

 

Sara García, directora de Play-Doc, avanzou as liñas mestras da programación deste ano que xira entorno a obra de Claire Simon, pero na que tamén haberá un especial dedicado a Albert Maysless, falecido recentemente, coa estrea da súa última obra "Iris". Tamén o realizador portugués Manuel Mozos presentará dous dos seus traballo o sábado, coincidindo coa celebración do 25 de abril.  Entre as novidades deste 2015 está a sección Resonancias, ou o novo xurado internacional. Manteñen amais a aposta pola formación cos Play-Doc Worksshops, todo nunha edición, á décimo primeira, á que en palabras de Sara García chegan con "enerxías renovadas para encarar esta nova década".

 

Ángel Sánchez, director de Play-Doc, salientaba coma que o festival se realice dende a periferia non impide que se presente unha programación valente. Ao tempo tiña palabras de agradecemento tanto para as institucións coma para as empresas, establecementos e persoas anónimas que fan posible esta nova edición cuxo orzamento supera os 70 mil euros.

 

Toda a información sobre Play-Doc así coma a programación detallada a realizar pode consultarse en www.play-doc.com
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones