Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Comeza en Tui unha nova temporada do programa Cine nas Aulas

Un total de 166 alumnos e alumnas asistirá mañá á proxección da película no edificio Francisco Sánchez

Un total de 166 alumnos e alumnas asistirá mañá á proxección da película no edificio Francisco Sánchez

Etiquetas del contenido

Fecha: 19 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tui

O mércores comeza unha nova temporada do programa Cine nas Aulas, na que participará un total de 166 alumnos e alumnas e 8 profesores e profesoras de 5º e 6º de Primaria. Os centros convidados nesta primeira proxección son o CEIP de Pazos de Reis, o CEIP Nº2 e o Colexio Maristas Santa María.

Con esta película traballarase cos mozos e mozas sobre a comprensión e análise do propio filme, sobre os medos racionais e irracionais, as emocións, o autocoñecemento e sobre unha alimentación saudable.

A metodoloxía deste programa, Cine nas Aulas, é que o alumnado traballe o tema da prevención a partir dos filmes, tendo en conta o atractivo que estes espertan nos mozos e mozas aos que vai dirixido. Neste caso non debe ser entendido como un mero divertimento, senón como a oportunidade de captar a atención dos máis novos e novas, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.

Todo o material complementario que se lles facilitará dende o departamento de Prevención e Drogodependencias dos Servizos Sociais do Concello, servirá como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía. Dende este departamento, consideran que “o cine pode resultar un recurso de primeira magnitude  que nos pode facilitar, ademais, a profundización noutros ámbitos transversais que resulten de interese de cada docente”.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí