Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunicado conxunto do BNG das comarcas de Vigo e Baixo Miño respecto dos proxectos de construción de parques eólicos nas Serras do Galiñeiro e da Groba

O Consello da Xunta acordou reactivar a tramitación administrativa dos procedementos de avaliación ambiental de 975 proxectos industriais que se viron suspendidos pola declaración do estado de alarma.

O Consello da Xunta acordou reactivar a tramitación administrativa dos procedementos de avaliación ambiental de 975 proxectos industriais que se viron suspendidos pola declaración do estado de alarma.

Fecha: 22 de Junio de 2020

Fuente: BNG

O 30 de abril deste ano, no medio da grave crise sanitaria e socioeconómica provocada pola COVID 19, o Consello da Xunta acordou reactivar a tramitación administrativa dos procedementos de avaliación ambiental de 975 proxectos industriais que se viron suspendidos pola declaración do estado de alarma.
 
Esta decisión foi cuestionada e criticada duramente polo movemento ambiental e ecoloxista galego, que denunciou o interese da Xunta por seguir coa tramitación de proxectos, algúns moi controvertidos e de forte impacto ambiental, en pleno estado de alarma e baixo medidas de restrición de movementos e de distanciamento social, cando non están garantidos plenamente os dereitos de información e participación pública.
 
Semella que o Goberno galego pretende con esta medida procurar atallos e favorecer a tramitación destes proxectos nunha situación de excepción e indefensión da poboación afectada e, no caso dos proxectos dos parques eólicos nas serras do Galiñeiro e a Groba, sen ter en conta a opinión das comunidades de montes onde se atopan. Proxectos dun plan depredador que destrúe, degrada e desfai o territorio, no que prevalecen os intereses de grandes empresas e corporacións sobre os intereses da veciñanza e sobre a defensa do territorio e do medio ambiente. Nos caso concreto da Serra da Groba os proxectos tramitados implicarían un total de 44 aeroxeneradores e 4 subestacións de transformación e transporte, namentres que na Serra do Galiñeiro irían 13 torres aeroxeneradoras.
 
Hai que ter en conta que ambas serras constitúen uns espazos de grande riqueza natural, patrimonial, arqueolóxica e paixasística. Para o BNG a aposta por enerxías limpas e renovábeis como a eólica debe ser compatíbel na súa ubicación tanto co entorno como co uso multifuncional do monte, na procura do menor impacto medioambiental posíbel . Un novo modelo de produción enerxética a encaixar nun plan de ordenación do territorio froito do consenso entre o goberno galego, concellos e sociedade, que concilie ecoloxía e economía.
 
No caso da Serra do Galiñeiro convén lembrar que o BNG presentou en novembro de 2012 alegacións ante a xefatura territorial de Pontevedra da Consellaría de Economía e Industria contra da instalación dun parque eólico nesta serra, así como esiximos mediante mocións nos concellos e iniciativas no Parlamento Galego reclamando que se declarase área protexida e a súa incorporación ao Parque Natural do Aloia. Neste escenario atopámonos cun Goberno da Xunta inoperante que non foi quen de dotar á Serra do Galiñeiro da protección legal demandada, a pesar que en 2013 anunciou a súa decisión de ampliar a súa protección como "espazo natural local" toda vez que descartaba a súa integración no Parque Natural do monte Aloia, feito este que impediría o desenvolvemento de calquera proxecto deste tipo na serra. No tocante á Serra da Groba a ubicación dalgúns dos aeroxeneradores coincidiría dentro, ou estaría nos límites, da área proposta para a súa inclusión na Rede Natura 2000. Por todo o exposto, desde o BNG das comarcas de Vigo e Baixo Miño manifestamos a nosa posición contraria aos proxectos de parques eólicos en tramitación na Serra do Galiñeiro e na Serra da Groba.
 
Por último, tendo en conta o agravante de que a reactivación dos procedementos de avaliación ambiental durante o Estado de Alarma non garante a defensa dos intereses cidadás e os dereitos de información e participación da poboación afectada, esiximos a paralización inmediata do efecto da orde ditada pola Xunta.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones