Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Comunicado do goberno municipal de Tui sobre as obras de desmonte do acueduto de Caldelas

O equipo de goberno do Concello de Tui, presidido por Enrique Cabaleiro, quere realizar as seguintes precisións sobre as obras de desmonte do acueduto sobre o río Caselas ao seu paso por Caldelas.

O equipo de goberno do Concello de Tui, presidido por Enrique Cabaleiro, quere realizar as seguintes precisións sobre as obras de desmonte do acueduto sobre o río Caselas ao seu paso por Caldelas.

Fecha: 18 de Agosto de 2020

Fuente: Concello de Tui

O equipo de goberno do Concello de Tui, presidido por Enrique Cabaleiro, quere realizar as seguintes precisións sobre as obras de desmonte do acueduto sobre o río Caselas ao seu paso por Caldelas.

1º) Os traballos consisten na reparación e ampliación da escala de peixes experimental de PVC e móbil que se instalara no mes de agosto do ano 2018 apoiada sobre unha obra de paso do ferrocarril. A tal efecto obtivo autorización de Adif en 2018 e dende Adif sinalaron verbalmente, que ao ser o mesmo sitio non había que pedir unha nova autorización e pagar taxas novamente e que en principio se ían retirar e transportar ao almacén de Ponferrada pero dado o seu bo funcionamento, decidiuse mantela no río xa que foi resistindo as avenidas que foron chegando.

2º) O proxecto tamén contempla a retirada de dúas pilas, unha sobre o cauce e outra apoiada no talude da marxe dereita do río limitando cunha propiedade privada. As dúas pilas estaban unidas mediante un tubo de PVC que facía as veces de acueduto.

3º) A reparación foi necesaria debido a caída dunha árbore en marzo de 2019 que danou a escala e tamén derribou unha das dúas pilas que había no leito do cauce, cuxas pedras golpearon a escala e quedaron no cauce. A pila atopábase illada no cauce e podía caer en calquera momento xa que como pasou en marzo de 2019, cando caeu a outra que existía conxuntamente co tubo de PVC polo golpe dunha árbore, si houbera alguén pescando ou no cauce, tería sido fatal. A que está a marxe dereita sobre o talude, ten o mesmo problema.

4º) Non fai falla autorización de Patrimonio Cultural porque as pilas non están catalogadas como Ben de Interese Cultural de Galicia e tampouco están incluídas no catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia. En xullo de 2019 se consultou por correo electrónico a Patrimonio Cultural si as pilas existentes contaban con algunha figura de protección por parte de Patrimonio Cultural e se recibiu contestación indicando que non gozaban de ningún tipo de protección, nin polos planeamentos urbanísticos municipais de Tui e Salvaterra de Miño, nin por estar incluído no Catálogo do Plan Básico Autonómico aprobado o 27 de agosto de 2018.

5º) O 27 de agosto de 2018 cando se aproba o Plan Básico Autonómico, inclúense os Muíños do río Caselas en Salvaterra de Miño dentro do catálogo de Patrimonio Cultural pero non as pilas do acueduto. O plan básico tamén aumenta o entorno de protección da Igrexa Vella que chega ata a zona de obra.

6º) Solicitouse e obtívose informe favorable por parte de Patrimonio Natural do Departamento de Conservación da Xunta de Galicia en data 30 de xullo de 2019.

7º) As obras se licitaron mediante contrato menor en abril de 2020 e se adxudicaron o 28 de maio de 2020.

8º) As pilas ademais están en Salvaterra de Miño non en Tui, aínda que se accede en tráfico de obra dende Tui na súa meirande parte, polo que o Concello de Tui non pode dirixirse a Patrimonio Cultural por este asunto, polo que tería que ser o Concello de Salvaterra que é onde se ubican as pilas.

9º) As obras están encadradas dentro do Proxecto Poctep Migra-Minho cuxo beneficiario principal é a Consellería de Medio Ambiente da Xunta, e ten como socios ao Instituto de Conservaçao e das Florestas, a Axencia Portuguesa do Ambiente-ARH Norte, a Universidad de Santiago de Compostela, o CIMAR (Centro Interdisciplinar de Investigaçao, Marinha e Ambiente), a Cámara Municipal de Vilanova de Cerveira e a Confederación Hidrográfica del Miño-Sil.

10º) Todos os sillares da pila retirada foron transportados polo contratista a un almacén municipal do Concello de Tui.

11º) As obras non están sometidas a licencia municipal o a outros actos de control preventivo municipal, xa que a funcionalidade da obra afecta (a escala) a máis de un municipio (art.127.1 del TRLA)
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones