Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concello e comisión das Festas do Monte reúnense cos representantes das Bandas Mariñeiras

O pasado xoves, 3 de xuño, reuníronse no salón de plenos do concello da Guarda, o alcalde, a concelleira de cultura, o concelleiro de festas e festexos populares, representantes das comisións das Festas do Monte e representantes das Bandas Mariñeiras.

O pasado xoves, 3 de xuño, reuníronse no salón de plenos do concello da Guarda, o alcalde, a concelleira de cultura, o concelleiro de festas e festexos populares, representantes das comisións das Festas do Monte e representantes das Bandas Mariñeiras.

Etiquetas del contenido

Fecha: 05 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

O pasado xoves, 3 de xuño, reuníronse no salón de plenos do concello da Guarda, o alcalde, a concelleira de cultura, o concelleiro de festas e festexos populares, representantes das comisións das Festas do Monte e representantes das Bandas Mariñeiras.
O obxecto da reunión era o de informar das conclusións das distintas reunións mantidas entre responsables municipais e a comisión de festas e valorar a opinión das bandas sobre as celebracións do sábado e domingo do Monte. Hai que ter en conta que as bandas representan directamente a máis de 2500 participantes directos no desfile e na romería e que, na actualidade, son a cara máis visible da festa.
O alcalde tomou a palabra para trasladarlle aos asistentes a dificultade de facer unha programación da festa a dous meses vista tendo en conta os cambios que se producen cada poucos días na situación sanitaria e as continuas modificacións da Xunta nas autorización de eventos, medidas de seguridade e prevención. Antonio Lomba informou da decisión de non celebrar a tradicional tirada de fogos así como de realizar durante toda a semana eventos adaptados a situación sanitaria do momento.
A previsión nun principio é de ter polas mañás os clasicos pasarúas por todos os barrios e parroquias da localidade, organizar eventos deportivos e culturais polas tardes, e animación musical polas noites con pequenos grupos deslocalizados por distintas prazas para tentar, na medida do posible, dispersar e non centralizar a veciños e visitantes en lugares concretos.
En canto a celebración do desfile do sábado e romería do domingo os representantes das Bandas Mariñeiras presentes nesta reunión foron moi conscientes da actual situación e de que é moi complicado garantir as medidas sanitarias e a seguridade nestes tempos de pandemia. Dado que resulta imposible dar seguridade sanitaria a os participantes e público que asiste ao desfile do sábado así como as trouladas que participan na romería do domingo, tomouse a decisión de deixar en suspenso as actividades destes dous días.
A comisión de festas comezará a traballar dende o luns 7 de xuño nas colaboracións de publicidade do libro do monte para tentar publicalo a maior brevedade posible. Asimesmo o concello ofrece a súa colaboración a comisión para a organización dos eventos, tendo en conta, sobre todo, o pouco tempo dispoñible e a dificultade de organizalos nunha situación sanitaria tan cambiante.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí