Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concello e SEA analizan as posibilidades de desenvolvemento de solo industrial no Rosal

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, reuniuse este mércores coa alcaldesa Ánxela Fernández, co concelleiro Germán Rodríguez, técnicos municipais e redactores do PXOM para analizar posibilidades de creación de solo industrial en terreos adquiridos hai anos p

A xerente de SEA, Beatriz Sestayo, reuniuse este mércores coa alcaldesa Ánxela Fernández, co concelleiro Germán Rodríguez, técnicos municipais e redactores do PXOM para analizar posibilidades de creación de solo industrial en terreos adquiridos hai anos p

Etiquetas del contenido

Fecha: 16 de Octubre de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Novos pasos de cara ao desenvolvemento industrial no Rosal. A alcaldesa Ánxela Fernández, o concelleiro Germán Rodríguez, técnicos municipais e redactores do PXOM reuníronse este mércores en Santiago de Compostela coa xerente de Suelo Empresarial del Atlántico (SEA), Beatriz Sestayo, nunha primeira toma de contacto para estudar as posibilidades de desenvolvemento industrial no municipio. “Demos un primeiro paso importante para abordar dunha forma seria este desenvolvemento industrial na nosa área e con este obxectivo claro hoxe comezamos a nosa colaboración con SEA”, destacou a rexedora.

SEA adquiriu terreos hai anos no Rosal co obxectivo de desenvolver un parque empresarial que finalmente non foi executado. Non obstante, actualmente existen posibilidade de desenvolvemento industrial, xa que se “percibe a oportunidade ao amparo do futuro plan xeral urbanístico e do plan de expansión de solo de SEA”, comenta a súa xerente.

“Foi unha primeira reunión interesante e frutífera, na que me comprometín a que SEA estudará e analizará de forma pormenorizada a documentación existente”, sinalou Sestayo, que realizará unha visita ao concello rosaleiro en canto se dispoñan de todos os documentos pertinentes sobre o solo dispoñible.

Deste xeito, o Concello e SEA intercambiarán a documentación necesaria para analizar os terreos a disposición e as posibilidades de actuación dentro do plan sectorial, no marco do proxecto de expansión de solo empresarial da entidade.

Suelo Empresarial del Atlántico, S.L., S.M.E., é unha sociedade participada polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana a través de Sepes; pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia a través do Instituto Galego de Vivenda e Solo;  por Abanca e pola Xunta creada co obxectivo de desenvolver e comercializar parques empresariais en Galicia. Actualmente xestiona 13 parques na comunidade galega que suman máis de 4 millóns de metros cadrados nas provincias de A Coruña, Lugo e Pontevedra nos que se asentan máis dun cento de empresas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí