Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concellos galegos súmanse ao manifesto -Cooperación contra o coroavirus-

Quince gobernos locais que forman parte do Fondo Galego de Cooperación aprobaron xa o texto impulsado a nivel estatal pola Confederación de Fondos

Quince gobernos locais que forman parte do Fondo Galego de Cooperación aprobaron xa o texto impulsado a nivel estatal pola Confederación de Fondos

Fecha: 02 de Junio de 2020

Fuente: Concello de Tomiño

Un total de 15 concellos galegos aprobaron xa o manifesto "Cooperación contra o coroavirus" que promove no eido estatal a Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, da que forman parte nove fondos que representan a máis de 1.300 administracións locais, entre eles o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade. O texto sostén que "nun contexto global, abandonar aos países do Sur non é unha opción", polo que unha vez superada a fase máis grave nos nosos territorios haberá que "axudar a outros pobos menos preparados para resistir os efectos da pandemia".

 

Os concellos de Ames, Arteixo, O Barco, Bergondo, Cabanas, Cambados, Malpica, Moraña, Narón, Poio, Ponteareas, Sada, Sandiás, Silleda e Tomiño veñen de sumarse a esta declaración, mediante fórmulas como o acordo plenario, da Xunta de Goberno Local ou por Decreto de Alcaldía. No entanto, a través da web da Confederación, numerosos cargos electos se adheriron tamén de xeito individual, co obxectivo de visibilizar o apoio do municipalismo á cooperación internacional como instrumento necesario para responder ao desafío global xerado polo Covid-19. En xuño, o documento abrirase ás sinaturas da cidadanía en xeral, a fin de promover a defensa deste tipo de políticas públicas municipais.

 

O texto recoñece que "se non actuamos globalmente, o risco de que o virus rebrote ou de que aparezan novas pandemias será cada vez maior" pois "vivimos nun mundo hiperconectado". Neste senso, a actuación dos fondos de cooperación "non só se limita á resposta sanitaria inmediata", senón que fai fincapé en fortalecer as capacidades locais dos países máis empobrecidos para xestionar servizos básicos que lles permitan afrontar calquera crise.

 

Neste senso, o Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade vén de aprobar o investimento de 98.126 euros para frear o impacto do coroavirus en Mozambique e Guinea-Bissau, a través de cinco proxectos que inciden na sensibilización da veciñanza, a dotación de materiais de prevención, o abastecemento de auga ou a saúde da infancia. Ademais, recentemente puxo en marcha nas redes sociais a campaña  #OsMunicipiosCooperan, para poñer en valor a solidariedade internacional desde o local.

 

O Fondo Galego

O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade está integrado por 98 concellos e as deputacións de Pontevedra, A Coruña e Lugo, que concentran a través desta rede os seus esforzos no eido da cooperación ao desenvolvemento. Garántese deste xeito unha xestión profesional e transparente, así como a realización de proxectos con impacto nos países do Sur e a sensibilización da sociedade galega a prol da solidariedade internacional. Recoñecido como axencia municipal da cooperación galega, desde a súa fundación en 1997 o Fondo Galego ten desenvolvido máis de 150 proxectos en preto de 30 países e promove numerosas actividades e materiais en relación aos desequilibrios Norte-Sur.  

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones