Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concentración en defensa da sanidade pública 30 de novembro na praza Avelino Vicente da Guarda

Mércores día 30 de novembro ás 20:00h na Praza Avelino Vicente da Guarda

Mércores día 30 de novembro ás 20:00h na Praza Avelino Vicente da Guarda

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Noviembre de 2022

Fuente: Plataforma en Defensa da Sanidade publica da Guarda

A PLATAFORMA EN DEFENSA DA SANIDADE PÚBLICA DA GUARDA, xunto co resto de plataformas de Galiza e SOS-SANIDADE PÚBLICA convocan concentracións simultáneas en toda Galiza o próximo 30 de novembro ás 8 da tarde. Na Guarda a concentración realizarase na Praza Avelino Vicente (Ás de Copas).

A Plataforma fai un chamamento á sociedade a participar nesta mobilización, para salvar e fortalecer a Atención Primaria e a todo o Sistema Sanitario Público Galego, ameazado polas políticas de recortes e desmantelamento da Xunta de Galiza e a Consellería de Sanidade.

As persoas sofremos importantes limitacións para ser atendida nos Centros de Saúde, PAC, soportamos listas de espera de días ou semanas; a perda da prevención, rehabilitación e atención ás enfermidades crónicas; e o abandono da participación comunitaria.

Mentres o persoal dos centros de saúde e PAC está sometido a condicións de inestabilidade e precariedade laboral e a unha enorme presión asistencial por falta de recursos.

Por todo iso convocamos á cidadanía a que demostre o seu rexeitamento ao desmantelamento do Sistema Sanitario Público e en apoio da Iniciativa Lexislativa Popular na que propoñemos que o Parlamento de Galiza debata e aprobe unha serie de medidas necesarias para por en valor a nosa Atención Primaria.

Só a mobilización social pode frear o deterioro da Atención Primaria e do Sistema Sanitario Público Galego.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí