Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONCERTO CORAL ESTE DOMINGO NA IGREXA DE SAN DOMINGOS EN TUI

Domingo, 27 de Novembro de 2013, ás 19,30 horas

Fecha: 26 de Octubre de 2013

Fuente: Rosalía Martínez/Trisquel medu

C O N C E R T O C O R A L

Domingo, 27 de Novembro de 2013, ás 19,30 horas

IGREXA DE SAN DOMINGOS DE TUI

 

 

"POLIFONÍAS DOS SÉCULOS XX E XXI"

 

 


G. V. S A N T A E U L A L I A


Dirixe:
Aloia Martínez Molina

 

 

 

Organiza:
Trisquel medulio
Asoc. Cultural

Patrocinan:
CONCELLO DE TUI - CONCELLERÍA DE CULTURA
TRISQUEL E MEDULIO

Colaboran:
ADEGAS VALMIÑOR - CABILDO CATEDRALICIO - JUAN GAISSE - ASOC. AMIGOS DA CATEDRAL DE TUI
RADIO MUNICIPAL DE TUI - DERMO S.A - IMPRENTA JUVIA

 G.V. SANTA EULALIA

O G.V. Santa Eulalia ten as súas orixes nun coro de moz@s fundado no ano 1995: a Coral de Mos.
No ano 2002, con tan só sete cantores, comeza unha nova andaina. Esta vez como grupo vocal, baixo a dirección de Aloia Martínez. Co tempo, vanse incorporando ó coro un número considerable de xóvenes cantores procedentes, todos eles, da zona sur da provincia de Pontevedra, para chegar á formación actual.
O grupo medra cuantitativa e cualitativamente, e o seu variado repertorio acolle obras de musicais que van do Sacro ó Pop, pasando polo Folclore, cantigas de Nadal, Polífonia...
Participa como coro invitado no Ciclo de Música Sacra de Ayala(Álava), no Ciclo Ibérico de Música Sacra en la Catedral de Tui durante varios anos consecutivos, e no Festival Explurart (Exposición Plural das Artes) organizado por el Conservatorio Superior de Música de Vigo como coro invitado. Consegue o primeiro premio no X Concurso de Corais da Catedral de Tui (2012), ademáis de dar varios concertos por toda Galicia e participar en certámenes da zona con todo tipo de repertorios. Tamén en Portugal.
A pesares de interpretar obras de todas as épocas, esta formación aposta firmemente polos autores contemporáneos.

Aloia Martínez Molina (Tui 1978)

Comeza os seus estudos musicais no Conservatorio de Grao Medio de Tui. Iníciase na dirección coral da man de Julio Domínguez (Galicia) e de Javier Busto (Euskadi). Ademais realiza cursos e seminarios con directores de grande prestixio internacional: Johan Duijck (Bélgica), Carlo Pavesse (Italia), Isabel Mantecón (Euskadi), Xavier Pastrana (Cataluña), Mike Brewer (Reino Unido), Esteban Urzelai (Euskadi), John Washburn (Canadá) e Tamara Brooks (EEUU).
Cantou en Camerata ad Libitum, dirixida por Xulio Domínguez, desde o ano 1994, e formou parte do Grupo Camerata Vocal Galega e do coro femenino Vivace, ámbolos dous grupos pertencentes á Camerata ad Libitum.
É diplomada en Educación Musical pola Facultade de Ciencias da Educación de Pontevedra, e Master en Musicoterapia polo Centro de Investigación Musicoterapéutica de Bilbao. No campo da Pedagoxía musical, asiste a varios cursos e seminarios con: Susa Herrera, Polo Vallejo, Fernando Palacios, Javier Benet, Silvia Malbrán, Johan Stange, Patxi del Campo,...
Dirixe o Grupo Vocal Santa Eulalia de Mos desde o ano 2002 co que participou en diferentes certames, ciclos e concertos en Galicia, Portugal e Euskadi.
Compaxina a actividade coral coa docencia, de Educación Musical, no Colexio Rural Agrupado "A Lagoa" en Salvaterra de Miño.

 

P R O G R A M A

"POLIFONÍAS DOS SÉCULOS XX E XXI"

UBI CARITAS......................................................: Maurice Duruflé (1902-1986)

UBI CARITAS...........................................................................: Ola Gjeilo (1978)

AGNUS DEI...............................................................: Roberto Domínguez (1977)

AVE MARIA..........................................................................: Javier Busto (1949)

O NATA LUX: ............................................................: Morten Laurdisen (1943)

VITA DE LA MIA VITA....: Text: Torcuato Tasso. Mús: William Hawley (1950)

THIS MARRIAGE............: Text: Jalal al-Din Rumi. Mús: Eric Whitacre (1970)

DIRAIT-ON...............: Text: Rainer Maria Rilke. Mús:Morten Laurdisen (1943)

SE FALASE DE TI................: Text: Yolanda Castaño. Mús: Javier Busto (1949)

TO THE MOTHERS IN BRAZIL:SALVE REGINA...................: Lars Jansson
Arr.Gunnar Eriksson (1936)
LELA......................................................................: Arm. Julio Domínguez (1965)

PLENTY GOOD ROOM........................................................: Kirby Shaw (1941)

. . . . . . . . . . * . . . . . . . . . .

 

 

 

 

 

 


C O N C E R T O C O R A L

"POLIFONÍAS
DOS
SÉCULOS XX E XXI"


G. V. S A N T A E U L A L I A
Dirixe:
Aloia Martínez Molina


Domingo, 27 de Novembro de 2013 ás 19,30 horas

Igrexa de San Domingos de Tui

 

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones