Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concerto de Cine este domingo na Praza do Calvario do Rosal

Este domingo 25 de xullo ás 22:00 na Praza do Calvario do Rosal e se a climatoloxía o permite, a banda de música da Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Javier Alonso Pérez realizará un concerto de cine!!

Concerto de Cine este domingo na Praza do Calvario do Rosal

Etiquetas del contenido

Fecha: 24 de Julio de 2021

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

Este domingo 25 de xullo ás 22:00 na Praza do Calvario do Rosal e se a climatoloxía o permite, a banda de música da Agrupación Musical do Rosal, baixo a dirección de Javier Alonso Pérez realizará un concerto de cine!!

 

Nesta ocasión a banda preparou un interesante concerto de bandas sonoras orixinais no que terán cabida moitos dos títulos das mellores películas do cine. Todo concebido como un espectáculo multimedia, xa que simultáneamente á interpretación da banda proxectaranse imaxes das películas. Entre os títulos elixidos están Star Wars, Harry Potter, Indiana Jones, etc.

 

A entrada será de balde ata completar aforo. Prégase chegar con suficiente antelación antes do comezo do concerto, xa que, debido ao incremento de casos COVID no concello, é preciso realizar un rexistro de asistentes. Cumpliranse todos os protocolos necesarios co obxectivo de garantir a seguridade de todos os espectadores. A cultura segue sendo segura.

 

Ademais este concerto será a primeira das actividades do proxecto impulsado polo concello "Cocreando Sociedade" que vai ver a luz. Trátase dun proxecto piloto participativo e transversal para estreitar lazos entre colectivos do tecido asociativo, administración local e entidades que traballan a prol da diversidade e a través do que se están deseñando de forma conxunta estratexias e iniciativas inclusivas.

 

Este domingo a Agrupación Musical do Rosal e as asociacións San Xerome e Avelaíña formarán parte dunha experiencia sensorial durante o concerto. Nel, as persoas con diversidade funcional ou enfermidade mental poderán experimentar de primeira man, e dende o propio escenario, o que é participar nunha actuación musical, xa que ocuparán asentos en medio das e dos músicos para unha inmersión total na actividade.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí