Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concerto de fin de verán este sábado en Tui con Best Boy e Funkente

Sábado 16 de setembro ás 20:30h na Praza de Frómista da zona monumental de Tui

Sábado 16 de setembro ás 20:30h na Praza de Frómista da zona monumental de Tui

Fecha: 16 de Septiembre de 2017

Fuente: Asoc. Cultural Betún

CONCERTO FIN DE VERÁN
 
A Asociación Cultural Betún, foi fundada co propósito de programar actividades culturais e potenciar e revitalizar a Zona Monumental de Tui.

A Asociación Cultural Betún, coa colaboración da Concellería de Ensino e Cultura e a Concellería de Patrimonio do Concello de Tui, convidamos a todos os veciños ao CONCERTO FIN DE VERÁN, que terá lugar na praza de Frómista o vindeiro sábado 16 de setembro a partir das 20:30 horas, con entrada de balde, para despedir este verán de 2017 coa mellor cultura.

Encheremos este precioso recuncho con música da man do recoñecido grupo tudense Best Boy a partir das 22:00 horas.

Haberá ambientación musical antes e despois do concerto, a cargo do socio betuneiro Funkente.

Contaremos con servizo de bebida e comida a prezos populares. Haberá viños de Vimbio, e, a comida, correrá da man de Cociñarte, con doces e salgados.

Haberá unha mesa para informar de todo aquilo que se ven facendo na Asociación, e onde poderá facerse socio todo aquel que desexe colaborar con nós.

Unha oportunidade diferente de gozar a nosa zona vella, ademais de dar continuidade á múltiple e variada programación que a Asociación ven desenrolando, dende a súa fundación en febreiro de 2016, tanto na súa sede social (en rúa Cuenca, 82), como nas celebracións exteriores na Praza de Frómista do Concerto de Fin de Verán do ano pasado con Víctor Coyote, o Magosto Betuneiro e el Concerto de Fin de Ano con Mistura Vocal e Javier Marcos Trío."

Un bonito modo de despedir o verán!!!
 
Lamentando as molestias que se poidan ocasionar, agardamos que veñan a coñecernos e gozar do evento todos xuntos.

ENTRADA DE BALDE
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí