Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concerto de Santa Icía da Banda de Música do Rosal

A banda do Rosal leva preparando dende comezos do outono o programa que é un dos concertos máis especiais do ano.

A banda do Rosal leva preparando dende comezos do outono o programa que é un dos concertos máis especiais do ano.

Fecha: 24 de Noviembre de 2018

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

Sábado 24 de novembro
20:30h
A banda do Rosal leva preparando dende comezos do outono o programa que é un dos concertos máis especiais do ano. A banda abrirá a velada coa música do pasodobre "Athênaeum" do alacantino Enrique Alborch, un pasodobre composto no seu día para unha conmemoración e que servirá de celebración da nosa patroa Santa Icía. Seguidamente, faremos a presentación como cada ano dos novos compoñentes, que acollemos con moita ilusión despois de velos medrar nas nosas aulas.

"Finlandia", do compositor Jean Sibelius será a primeira das obras que escoitemos a continuación. Trátase dun poema sinfónico composto a principios do século XX como homenaxe do autor ao seu país natal. Dende os primeiros compases, escuros e turbulentos, ata o grandioso final, describe as tribulacións do pobo finés no seu paso da opresión rusa á autonomía e a liberación.

A continuación escoitaremos "Saga Cándida" do compositor belga Bert Appermont, que é unha selección a partir do musical do mesmo autor orixinal para banda ("Seed of Satan", ou "A semente de Satán"), no que se retrata unha caza de bruxas. A suite que interpretamos está estruturada en 7 movementos nos que se ilustran as distintas escenas do musical.

Continuaremos o noso programa cunha das grandes obras da literatura bandística: "Diversions", do compositor inglés Philip Sparke. Trátase dunhas variacións para banda de gran elaboración sobre un tema popular suízo, tema que escoitaremos interpretado polo saxofón alto case ao principio da obra, despois dunha maxestuosa introdución.

E para dar remate a este fantástico concerto anunciamos que contaremos coa presenza do noso amigo trompetista internacional Rubén Simeó, que interpretará como solista coa banda a "La Virgen de la Macarena" de Charles Kofe, ademáis de acompañarnos durante todo o concerto no escenario como un compañeiro máis.

Esta velada festiva terminará cunha cea-baile no Restaurante Juan na que participarán músicos, socios, familiares e simpatizantes da Agrupación Musical do Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones