Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concerto de Santa Icía este sábado en O Rosal

Sábado 30 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio do Rosal

Sábado 30 de novembro ás 20:30 horas no Auditorio do Rosal

Fecha: 30 de Noviembre de 2019

Fuente: Agrupación Musical do Rosal

Este sábado 30 de novembro terán lugar os actos que, con motivo da festividade de Santa Icía, realizará a Agrupación Musical do Rosal.

Comezarán ás 18:30 horas cunha misa que terá lugar na Igrexa de Santa Mariña do Rosal, que estará cantada pola Coral da Agrupación Musical do Rosal.

A continuación, ás 20:30 horas no Auditorio do Rosal comezará o concerto a cargo da banda de música da Agrupación Musical do Rosal, baixo a batuta de Javier Alonso Pérez, onde farán a súa presentación oficial 8 novos músicos/as formados na nosa escola.

O concerto será moi dinámico e abarcará música de diferentes cultura. Comezará cun fermoso pasodobre titulado Aniversarios, que o mestre Simón Couceiro escribiu para conmemorar o 70º e 170º aniversario das bandas municipais de Coruña e Santiago de Compostela, respectivamente. Continuaremos cunha obertura do mestre italiano Rossano Galante titulada Victory para, previo paso por Goián, escoitar a obra Beltane do compositor Andrés Álvarez. Despois viaxaremos ata Bulgaria onde Franco Cesarini recolle melodías populares e compón unha obra baseada no folclore local; Bulgarian Dances é, ó mesmo tempo, unha homenaxe ó mestre americano Alfred Reed. O concerto rematará con Strange Humors, do americano John Mackey, que realiza unha mestura de ritmos africanos con melodías de carácter árabe para confeccionar unha peza de carácter vangardista e sonoridade ecléctica.

Nesta ocasión apostamos por un programa enérxico e cheo de vida que fará, sen lugar a dúbidas que todos os asistentes disfruten.

Esta velada festiva terminará cunha cea-baile na que participarán músicos, socios, familiares e simpatizantes da Agrupación Musical do Rosal.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones