Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONCERTO DO CORO DE CAMARA GLI APPASSIONATI MAÑÁ SÁBADO NA CATEDRAL DE TUI

o vindeiro sábado 10 de marzo na Catedral de Tui terá lugar un concerto do coro de cámara -Gli Appassionati-

Fecha: 10 de Marzo de 2012

Fuente: Asociación de Amigos da Catedr

A Entrada é libre e o concerto comezará ás 19:00h da tarde do Sábado

A Asociación "Amigos da Catedral de Tui" comunica que o vindeiro sábado 10 de marzo na Catedral de Tui terá lugar un concerto do coro de cámara "Gli Appassionati" ás 19,00 horas.

"Gli appassionati" é un coro de cámara integrado por mozos "apaixonados" polo canto e a música en xeral que os define como grupo. Este coro representa a consolidación dun esforzo por crear unha formación vocal de gran calidade. Os seus compoñentes, un grupo de 16 cantantes con sólida preparación vocal e musical e ampla experiencia coral, abordan unha gran variedade de repertorio que inclúe obras de música clásica, pop, popular, etc., con plenas garantías de éxito e alto nivel de esixencia.

Unha das características deste coro é que gran parte do seu repertorio está composto e arranxado no seo da propia agrupación. Participaron en diversos eventos e festivais de música tanto con acompañamento instrumental como cantando a "capella" así como en diferentes producións discográficas de diversa índole.

Contan cun variado repertorio que lles permite participar en diversos eventos e todo tipo de concertos. Nuria Lorenzo López, vinculada ao grupo desde a súa fundación, e ao que dirixiu en numerosos concertos, é á súa vez a directora artística do coro.

O programa deste concerto é o seguinte:
Primera parte
1. Ave María - Julio Domínguez
2. Zum Sanctus - Shubert
3. Ave Verum - Mozart
4. Benedicat Vobis - Haendel
5. Ave Verum - C.Gounod
6. Canticorum Iubilo - Haendel
Segunda parte
Magnificat - G.B.Pergolesi


Solistas:
Soprano: Laura Pazos Guerrero
Contralto: Marta Robles Iraurgui
Tenor: Federico G. López Silvera
Barítono: Ignacio Estellés Candal


A "Asociación Amigos da Catedral de Tui" continúa con esta actividade promovendo a revitalización deste templo catedralicio.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones