Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concerto gratuíto da Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra na Igrexa de Santo Domingo de Tui, este sábado

Trátase do seu ciclo -Na Esencia do Camiño-, un espectáculo singular cunha coidada iluminación e onde a poesía, a luz, o son e o vídeo serán os grandes protagonistas

Trátase do seu ciclo -Na Esencia do Camiño-, un espectáculo singular cunha coidada iluminación e onde a poesía, a luz, o son e o vídeo serán os grandes protagonistas

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Mayo de 2023

Fuente: Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra

A Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra ofrecerá este vindeiro sábado, día 27, as 21:00 horas, un concerto gratuíto na Igrexa de Santo Domingo de Tui. Trátase do seu ciclo de Música e Lingüa -Na Esencia do Camiño-.

Despois do éxito logrado cos concertos celebrados hai uns meses na Concatedral de Vigo, na Colexiata de Baiona e na Igrexa de Santiago de Betanzos, o espectáculo previsto en Tui pretende ser un percorrido polos sentidos. Será unha cita singular cunha coidada iluminación e onde a poesía, a luz, o son e o vídeo serán os grandes protagonistas.

A Banda de Gaitas contará coa colaboración da cantante Noelia Álvarez, o tenor Enrique A. Martínez e o coro Allegro de Vigo, así como contará coa presencia de setenta artistas que levarán ao público asistente a maxia do camiño primixenio e a un percorrido pola música das culturas do camiño.

Haberá proxeccións na pedra e unha viaxe polos camiños a Santiago a través das súas poesías e músicas.

O evento, patrocinado pola Xunta, comezará as 21:00 horas e a entrada é de balde ata completar o aforo.

Historia da Escola de Gaitas Tras dar os seus primeiros pasos como asociación a principios do novo milenio e despois dunha importante actividade dentro e fora de Galicia, foi no 2005 cando naceu a Escola de Gaitas chegando a contar con distintos centros operativos en distintos puntos das comarcas de O Salnés, Deza, Morrazo, Pontevedra y Vigo. Pola Escola de Gaitas, pasaron xa uns 5.000 alumnos e alumnas e, Fundación Banda de Gaitas da Provincia de Pontevedra na actualidade, centra toda a súa actividade nas instalacións do Instituto Feiral de Vigo, IFEVI, xestionando, ademais, a Escola de Gaitas do Concello de Fornelos de Montes.

No 2019 se constitúe formalmente a Fundación Banda de Gaitas da Provincia co principal obxetivo é promulgar a valorización, o respecto e a transmisión nas xeracións tanto da música como da tradición galega. Un proxecto formativo que busca afondar na riqueza musical da gaita, a zanfona e a percusión, a través do desenvolvemento dun proceso de ensinanza e aprendizaxe onde se combinan coñecementos teóricos e prácticos sobre as técnicas específicas de interpretación e os seus valores culturais.

Entre os fitos máis destacados da Escola de Gaitas, a súa participación no Día da Hispanidade no 2003 en New York o Festival de Santa Lucia en Monterrey (México) no 2008, na saída da volta ciclista a España 2013 e na etapa final da volta ciclista a España no ano 2022.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí