Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concerto gratuíto de Óscar Ibáñez este sábado en Oia

As prazas son limitadas, con inscrición previa no correo electrónico cultura@concellodeoia.es

As prazas son limitadas, con inscrición previa no correo electrónico cultura@concellodeoia.es

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Julio de 2021

Fuente: Concello de Oia

A música do gaiteiro Óscar Ibáñez soará en directo o próximo sábado a partir das 21.00 horas na Eira do Convento, nun concerto organizado polo Concello de Oia. A entrada é gratuíta e as prazas son limitadas, polo que o acceso se realizará con inscrición previa.

 

O espectáculo musical desenvolverase con control de acceso e aforo, co público sentado e seguindo todos os protocolos da COVID-19. Así, as persoas interesadas en asistir deberán reservar a súa praza enviando os seus datos ao correo electrónico cultura@concellodeoia.es O prazo de inscrición rematará o venres día 30 ás 13.00 horas. Para máis información pódese contactar co Concello no teléfono 986 36 21 25.

 

Óscar Ibáñez é un gaiteiro e frautista que realiza unha fusión musical sen límites partindo das raíces, a medio camiño entre investigación e creación, e que ten como resultado un novo e único son. A súa banda de directo, Óscar Ibáñez & Tribo, está formada por músicos de longa e recoñecida traxectoria como Fernando Fraga (acordeón), Harry.C (violín), Carlos Calviño (guitarra), Paco Dicenta (baixo), Andrés Vilán (percusión/batería) e Carla Villanueva (xilófono), entre outros.

 

Este concerto está organizado coa colaboración da Consellería de Cultura da Xunta, a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo. Ao tratarse dunha actuación ao aire libre, en caso de choiva será suspendida. Todas as novidades iranse actualizando na páxina de Facebook da Oficina de Turismo de Oia

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí