Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Jueves, 12 de Marzo de 2026

CONCERTO HOMENAXE A ZECA AFONSO E ADRIANO CORREIA DE OLIVEIRA ESTE MARTES EN TUI

Será o martes, 1 de maio, ás 19h no Teatro Municipal

Fecha: 28 de Abril de 2012

Fuente: www.concellotui.org

Será o martes, 1 de maio, ás 19h no Teatro Municipal
 
Rescatar a obra dos compositores Zeca Afonso e Adriano Correia de Oliveira é o obxectivo do concerto "Amigos máis grande que o pensamento" que o próximo martes, 1 de maio, ás 19 hora española vai ter lugar no Teatro Municipal de Tui. Esta iniciativa conxunta da Cámara Municipal de Valença e do Concello de Tui forma parte das actividades conmemorativas do 25 de abril.

O concerto estará dirixido por Filipe Cunha, e correrá a cargo do grupo de música tradicional portuguesa Canto D'Aquí acompañado por Sopros de Zeca, o Coro da Associaçao Pais Cons. Gulbenkian e a Coral Polifónica de San Teotónio de Valença.

No programa do concerto figura unha mostra representativa das composicións máis coñecidas tanto de Zeca Afonso como de Adriano Correia de Oliveira. Non faltará así a interpretación de "Cançao de embalar", "Venham mais cinco" ou o "Grándola" de Zeca Afonso. Mentres que de Adriano Correia de Oliveira van interpretar entre outras "Trova do vento que passa", "Cançao do linho" ou "Morte que mataste lira".

O martes a partir das 18.30h poranse á venda no despacho de billetes do Teatro Municipal de Tui 150 entradas, sen numerar, ao prezo de 3€. De xeito anticipado pódense mercar localidade na Biblioteca Municipal de Valença.

A concelleira de Cultura de Tui, Vanesa Rodríguez, explica esta actividade insírese nas actividades organizadas no marco da Eurocidade Tui-Valença. Engade que o concerto brindará unha oportunidade magnífica para lembrar ou coñecer a música destes dous compositores tan vinculados á Revolución do 25 de abril en Portugal,

Concerto "Amigos máis grande que o pensamento"
Data: Martes, 1 de maio, ás 19 hora española
Lugar: Teatro Municipal de Tui
Entradas sen numerar: Venda anticipada na Biblioteca Municipal, ou o martes dende ás 18.30h no despacho de billetes no Teatro Municipal ao prezo de 3€.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí