Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Concerto infantil de -Pitusa Semifusa- o 4 de setembro na Guarda

Para asistir ao é preciso inscribirse no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando nome, apelidos e teléfono.

Para asistir ao é preciso inscribirse no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando nome, apelidos e teléfono.

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Septiembre de 2021

Fuente: Concello da Guarda

A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza o concerto infantil “Pitusa Semifusa”, de Olga Brañas, enmarcado no programa Ler Conta Moito da Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Guarda.

 

Pitusa Semifusa é un espectáculo a dúo (voces, piano, pandeireta) moi participativo coa cativada. E quere aprenderlles aos nenos e nenas as familias de instrumentos dun xeito moi divertido. Vén cantar e bailar con Pitusa!

 

 

Os libro discos, (“Pitusa Semifusa”, 2014; “Pitusa Semifusa e os estilos musicais”, 2017) publicados ambos dentro da colección Sonárbore da Editorial Galaxia, da autoría de Olga Brañas e coas ilustracións de Leandro Lamas son uns impresionantes proxectos comandados pola pandereteira folk e que ofrecen un mollo de cancións pegadizas e de alta calidade musical.

 

Ademais, pretende aprenderlles aos nenos e nenas as familias de instrumentos e os estilos musicais dun xeito lúdico e ameno. Para iso, Olga Brañas rodeouse dos músicos e músicas máis importantes do panorama galego, como Uxía, Sérgio Tannus, Ramón Bermejo, Quim Farinha, Anxo Pintos, Sonia Lebedynski, Pedro Pascual ou Santi Cribeiro. É unha proposta para gozar da música dende as idades máis temperás, xa que está inspirado na forma de aprender das cativas e cativos a partir dos 3 anos de idade.

 

Olga Brañas é Licenciada en Historia da Arte pola Universidade de Santiago de Compostela, ten o Grao Profesional de piano (Conservatorio profesional de Música de Santiago de Compostela) e o Máster en Profesorado de música (USC). É membro de Brañas Folk dende hai case dúas décadas, onde ademais de ser instrumentista é compositora e arranxista. Ademais, leva anos adicándose á ensinanza musical en Escolas Infantís e Escolas de Música, actividade na que se inspirou para facer estes proxectos tan didácticos coma divertidos.

 

Para asistir ao é preciso inscribirse no enderezo electrónico centrocultural@aguarda.es indicando nome, apelidos e teléfono. O prazo de inscrición estará aberto a partires do xoves 26 de setembro.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí