Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Concertos da Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, no marco do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais

O sábado 11 de maio as 19:00 horas na Casa da Cultura de Mougás e o domingo 12 de maio as 19:00 horas no Auditorio do Rosal

O sábado 11 de maio as 19:00 horas na Casa da Cultura de Mougás e o domingo 12 de maio as 19:00 horas no Auditorio do Rosal

Fecha: 11 de Mayo de 2019

Fuente: Orquestra Kv2211

A Orquestra Infantil e Xuvenil de Vigo, Kv2211, actúa este sábado 11 de maio de 2019, as 19:00 horas na Casa da Cultura de Mougás e o domingo 12 de maio, as 19 horas, no Auditorio do Rosal, dentro dos actos programados pola Asociación Piueiro con motivo da celebración do XIV Encontro de Embarcacións Tradicionais que terá lugar do 11 ao 14 de xullo en A Guarda. Estes concertos da Orquestra no Baixo Miño súmanse o celebrado en A Guarda o pasado mes de abril, tamén dentro das actividades culturais programadas no marco do Encontro.

Un dos obxectivos da KV2211 é social. Estes concertos adícanse, co fin de compartir e facer visibles os valores que representa, a Avelaiña unha entidade sen ánimo de lucro, declarada de Utilidade Pública e integrada por persoas con enfermedad mental, familiares, cuidadores e persoas sensibilizadas ante este problema de saúde.

A Orquestra Kv2211
A Orquestra Kv2211 conta con máis de 50 membros, nenos e mozos entre 8 e 20 anos de idade, con formación en instrumentos de corda, vento, piano e percusión. A Orquestra actuará coas súas dúas agrupacións: en primeiro lugar, os máis pequenos, integrantes da Orquestra Infantil e posteriormente, a Orquestra Xuvenil, para dar paso á actuación da Orquestra Kv2211 no seu conxunto. Dirixida por José M. Fernández e Raquel Fernández Núñez, a Kv2211 interpretará un divertido repertorio de pezas de música clásica. A entrada ao Concerto é gratuíta ata completar aforamento. O proxecto Kv2211 xurdiu no mes de outubro de 2017 da inquietude de crear unha orquestra de cordas asentada en tres alicerces: educativo, cultural e social. Desde entón un grupo de mozos músicos voluntarios da Orquestra están a realizar un amplo labor formativo con estes mozos músicos ademais da adaptación das partituras ao seu nivel.
 
A Asociación Piueiro
A Asociación Cultural de Embarcacións Tradicionais PIUEIRO constituiuse en outubro de 2017, e dende o comezo conta coa participación de asociacións e de persoas a título individual. O seu ámbito de acción é o concello de A Guarda, aínda que por cuestión evidentes -o mar e o río non entenden de fronteiras- ten unha forte relación co resto de concellos da bisbarra do Baixo Miño galego e do Alto Minho portugués. Entre os fins da asociación atópase recuperar arquivos, imaxes e demais documentación da historia mariñeira; desenvolver e fomentar actividades culturais variadas: e promocionar valores literarios, históricos, culturais, educativos e tradicionais, fundamentalmente respecto da cultura mariñeira. Ademáis de organizar o Encontro, na actualidade está a desenrolar exposicións e talleres formativos entre os rapaces e construindo un volanteiro con fondos propios e privados.
Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones