Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Confradías e percebeiros de Pontevedra lanzan comunicado público

Piden un control ante os problemas que se veñen repetindo ano a ano coa recollida da mexilla para as bateas de mexillón

Foto Arquivo Maio 2020 na costa sur da Guarda(Pontevedra)

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Abril de 2023

Fuente: Comunicado Público

As sete confradías con sector de Percebe na zona de Pontevedra, ante o aluvión de novas que están saíndo nos distintos medios de comunicación queren facer unha reflexión en voz alta:

"Xa está ben e basta xa!! de tanto vitimismo, e non vaia ser que as vítimas pasen a ser os verdugos".

Polo tanto dende esas entidades "facémonos unha serie de preguntas que aconsellamos que as valoren os científicos, a opinión pública e a administración que nos goberna":

  • O "arrase que está sufrindo sistemáticamente todo o litoral das provincias de A Coruña e Pontevedra, agás un escaso 15% de zonas ZEP, en donde as pedras quedan como o "pavimento dunha estrada", non será que quizáis poida chegar a ser considerado como un presunto delito ecolóxico, dado que parte deste litoral está protexido dentro da cualificación de rede natura 2000? - Non é o mesmo unha extracción selectiva dun recurso que unha extracción destructiva dos hábitats de outras moitas especies-.
  • Preguntáronse algunha vez na administración pesqueira galega cal é o grao de cumprimento dos bateeiros no relativo á xestión dos refugallos ou detritos procedentes das actividades de laboreo de mexillón nas bateas, cando a súa obriga é transportalos e deposaitalos en lugares habilitados en terra?
  • Valoránonse os prexuízos destes resíduos contaminantes nos fondos mariños e nas proximidades dos bancos marisqueiros despois de 60 anos tirando de forma indiscriminada miles e miles de toneladas ao mar.
  • Acaso estes aportes de cuncha e outros do cultivo do mexillón non estarán transformando a composición do substracto e rompendo o equilibrio natural das nosas rías, coa conseguinte presenza masiva de depredadores como a estrela azul, -un dos principais depredadores dos moluscos bivalvos-, o cangrexo, o caracolillo, etc.?
  • Alardéase polo sector bateeiro o forte incremento de produción de mexillón nos últimos anos, chegando ás 250.000 toneladas e superando ventas do produto en máis de 150 millóns de euros. Á costa de quen e de que?
  • Si se pasan esas 250 mil toneladas a quilos, teremos 250 millóns de quilos. Se estes quilos se pasan a unidades por individuos, sendo xenerosos, a 30 mexillóns por quilo, daranos uns 7.500 millóns de indivisuos por ano.
  • Se se ten en conta que si cada un destes individuos filtra entre uns 180-192 litros de auga ao día, auga que quedaría inocua de nutrientes, non será que a baixada de produción de bivalvos e a diminución doutras especies o interior das rías poida ser consecuencia, entre outros factores, do cultivo intensivo de mexillón nas máis das 3.300 bateas exitentes en Galicia? -unhas 2.700 na Ría de Arousa-
  • Isto ven a demostrar que se está a prexudicar gravemente a sustentabilidade e o futuro produtivo das nosas rías e favorecéndose a ruina duns e o enriquecemento doutros.
  • Preguntámonos a este respecto, onde están as ONG´s medioambientalistas, onde están tamén os científicos valientes e por suposto onde están os políticos responsables e comprometidos en garantir a sostenibilidade dos recursos e os ecosistemas mariños por riba de réditos electoráis?

Próximamente as confradías asinantes deste comunicado ampliarán máis detalladamente o contido do mesmo.

 

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí