Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa a programación do Nadal guardés

Unha Axenda que vén cargada de actividades de todo tipo para desfrutar destas datas en familia

Unha Axenda que vén cargada de actividades de todo tipo para desfrutar destas datas en familia

Fecha: 04 de Enero de 2018

Fuente: Concello de A Guarda

Como ven sendo habitual, o Concello da Guarda presentou a nova Axenda de Nadal 2017, que abarca a programación que se poderá desfrutar na Vila durante as próximas semanas e ata o venres 5 de xaneiro.

O Nadal guardés comezará oficialmente co acendido do alumeado este martes 5 de decembro, na Praza do Reló ás 20:30 h, nun evento no que contaremos con música, baile, photocall, visita de personaxes infantís e algunha sorpresa máis.

Por tratarse de datas moi sinaladas para os máis cativos, eles son os verdadeiros protagonistas desta Axenda: deixarán aflorar a súa creatividade nos obradoiros de decoración infantís e no concurso de pintura que organiza AGUDE. Pola súa parte, o Centro Cultural abrirá as súas portas para que gocen das tardes co espectáculo "Os fabulosos Cleaners" o mércores 27 de decembro e do "Cinema de Nadal" coa proxección das películas "Vaiana" e "Canta" o xoves 28 de decembro e o mércores 3 de xaneiro, respectivamente. E ademais, os nenos e nenas da Guarda recibirán a visita de Papa Noel de AGUDE o domingo 17 de decembro no Casino-Alameda, da Apalpadora o 30 de decembro na Casa dos Alonso e dos Reis Magos coa tradicional cabalgata o 5 de xaneiro.

Para os adultos e as familias tamén haberá diferentes plans: o sábado 2 de decembro a Papanoelada moteira, organizada polo Concello e AGUDE, percorrerá a Vila para rematar cun chocolate de balde para todos no Porto. Por outro lado, consolídase o teatro para adultos nestas datas, así como as citas musicais da man dos diferentes festivais que se celebrarán ó longo destas semanas (Festival do Nadal da Fundación As Samaritanas, o de Panxoliñas, o do Conservatorio Municipal e o de Pandereteiras), xunto o concerto solidario que a orquestra Panorama ofrecerá a favor das asociacións Conrazones e San Vicente de Paúl, e as mañás de "Música na rúa", acompañadas de chocolatada na Praza de Abastos o 28 de decembro e o 4 de xaneiro. E os avós e avoas da Residencia Santa Trega recibirán ós Reis Magos o xoves 4 de xaneiro pola tarde.

O Concello da Guarda quere agradecer ás diferentes asociacións e colectivos de comerciantes a súa implicación na decoración de Nadal das rúas e prazas, a través da boa acollida da iniciativa "Decora o teu Nadal". Grazas a todos eles, e aos veciños e veciñas que colaboraron, a Vila encherase nestes días cos adornos de Nadal elaborados nos obradoiros e polas propias asociacións.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones