Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúa no Rosal a posta en marcha do proxecto da -Explanada do Horizonte-

Despois de varios meses de traballo por parte do goberno municipal do Rosal, iniciáronse xa as obras para a transformación do lugar

Despois de varios meses de traballo por parte do goberno municipal do Rosal, iniciáronse xa as obras para a transformación do lugar

Fecha: 10 de Agosto de 2020

Fuente: Concello do Rosal

Logo dun intenso período de tramitacións burocráticas e consecución de permisos, as obras de adecuación e remodelación do lugar continúan avanzando. A alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, estivo facendo unha visita de seguimento das obras do proxecto levado a cabo pola arquitecta e paisaxista María Fandiño. Na área foron feitas xa varias actuacións como a colocación do pavimento, a instalación de mobiliario urbano ou a creación da área de xogos infantís. Tamén se procedeu á plantación de vexetación autóctona seguindo os criterios da administración autonómica.
A execución das obras foi posible grazas a moitos meses de intenso traballo por parte do goberno municipal á hora de conseguir acordos cos distintos entes sociais implicados na realización das mesmas. Para isto foi preciso traballar coa propietaria dos terreos nos que se están desenvolvendo as actuacións para conseguir a súa cesión, a Comunidade de Montes de Santa Mariña do Rosal, así como coa traída de augas, as percebeiras ou o veciño propietario da parcela na que está situado o petroglifo ‘Laxe do Lapón', de gran valor cultural, onde tamén se pensa realizar unha actuación.
Do mesmo xeito tamén foi preciso tramitar os permisos coas sectoriais de Augas de Galicia, Estradas de Galicia, Patrimonio Cultural e Costas. Neste sentido a alcaldesa do Rosal, Ánxela Fernández, quixo agradecer "a implicación e a boa disposición dos veciños e veciñas, que colaboraron en todo o posible para que este proxecto poida ser unha realidade".
O proxecto da explanada constitúe unha obra emblemática de gran valor pola súa posición xeográfica e o seu valor simbólico para o Concello do Rosal, ao estar encadrada nun tramo do Camiño de Santiago Portugués pola Costa. A remodelación, que parte da arquitectura paisaxista, pretende remodelar a preexistente explanada de formigón buscando a integración medioambiental e evitando o "feísmo" coa posta en valor do potencial paisaxístico do emprazamento e a recuperación dos ecosistemas da área.
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones