Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

CONTINÚA O III CICLO DE MÚSICA CLÁSICA EN AMORÍN CUN CONCERTO O SÁBADO 19 DE NOVEMBRO

Este concerto terá lugar, como de costume, na Igrexa de Amorín, as 20:30 da tarde.

Fecha: 14 de Noviembre de 2011

Fuente: www.damorin.es

Este concerto terá lugar, como de costume, na Igrexa de Amorín, as 20:30 da tarde.

 

Continuando o III Ciclo de Música Clásica en Amorín, a Asociación Veciños de Amorín, organiza o vindeiro sábado dia 19 de novembro, o seu cuarto concerto.

 

            Este concerto terá lugar, como de costume, na Igrexa de Amorín, as 20:30 da tarde.

 

             O Grupo de Clarinetes Klason, da agrupacón musical do Rosal, ofrecerá música de Bach, Mozart, Strauss, etc.

 

            Colaboran a Deputación de Pontevedra, Concello de Tomiño, Ondacero e RMT.

O grupo de clarinetes Klason nace no seo da Agrupación Musical do Rosal no ano 2003, contando daquela con 13 compoñentes, todos eles alumnos da Escola de Música da Agrupación.
A idea de formar este grupo xurdíu para traballar a música de cámara.
A programación do seu repertorio é moi ampla: música de escena, blues, swing, barroco, clásico, romántico e contemporáneo.
As súas actuacións céntranse principalmente nos eventos organizados pola Agrupación a qué pertencen, destacando a súa labor en concertos solidarios, inauguracións, homenaxes ou recitais.
Actualmente este grupo é unha formación de 8 compoñentes, dirixidos pola que foi a súa creadora e fundadora Begoña Domínguez Cerqueira, licenciada en clarinete polo Conservatorio Superior de Música de Vigo.
BEGOÑA DOMÍNGUEZ CERQUEIRA nace no Rosal no ano 1974.
Con 8 anos comeza os seus estudos musicais na Banda Agrupación Musical do Rosal, posteriormente continúa no Conservatorio de Música Elemental da Guarda e no Conservatorio Superior de Música de Vigo, onde remata os seus estudos superiores na especialidade de clarinete con D. Francisco Pérez.
Ten realizado diversos cursos de formación e perfeccionamento en Clarinete con profesores de prestixio como, D. Miguel Espejo, D. Asterio Leiva, D. Fernando Abreu, D. Carles Riera, D. Mª Ángeles Galán Estacio, D. Juan Vercher Grau, D. Esteban Valverde,.....
Tamén realizou cursos de Pedagoxía Musical e Investigación Psicolóxica e Pedagóxica con profesionais como, D. Jos Wuytack, D. Edwin Gordon, Dna. Susa Herrera, Dna. Inma Espiño,...
Na súa faceta como instrumentista foi membro da Banda da Federación Galega de Bandas de Música Populares dende a súa fundación e tamén formou parte da Agrupación Musical do Rosal. Participou en numerosos Certames Nacionais e Internacionais, así como actuou en importantes salas de concerto.
No campo da pedagoxía impartíu clases de Clarinete no Conservatorio Coppelia-Vigo, no Conservatorio Mayeusis-Vigo. Na Escola de Música da Agrupación Musical do Rosal e na Escola Municipal das Neves impartíu clases de Linguaxe Musical (nenos e adultos) e Clarinete.
Na actualidade é profesora na Agrupación Musical do Rosal.

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones