Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Continúan abertas as dúas convocatorias de axudas dirixidas a negocios do Concello da Guarda

Unha das axudas está dirixida a aqueles/as autónomos/as e empresas que tiveran que cesar a súa actividade a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021.

Unha das axudas está dirixida a aqueles/as autónomos/as e empresas que tiveran que cesar a súa actividade a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021.

Etiquetas del contenido

Fecha: 22 de Junio de 2021

Fuente: Concello da Guarda

  • Unha das axudas está dirixida a aqueles/as autónomos/as e empresas que tiveran que cesar a súa actividade a raíz da Orde do 26 de xaneiro de 2021.
  • A outra ten como obxectivo cubrir gastos en material de prevención da COVID e/ou realizar actuacións para a adaptación do negocio á pandemia.

 

O obxecto destas axudas é contribuír a paliar o impacto económico que sufriron os negocios con sede social no Concello da Guarda como consecuencia da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19.

 

Á primeira liña de axudas, que ten de prazo ata o 25 de xuño inclusive para a presentación de solicitudes, ten como obxectivo apoiar economicamente a aqueles negocios que tiveron que estar pechados ao público en aplicación da Orde de 26 de xaneiro de 2021, e que obrigou ao cese de actividade en ximnasios, piscinas, establecementos de restauración ou albergues turísticos, entre outros.

 

Poderán xustificarse todos aqueles gastos que se teñan realizado entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 25 de xuño, data de finalización do prazo de presentación de solicitudes. 

 

Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 700 euros en función da contía xustificada.

 

Máis información sobre os establecementos afectados pola Orde do 26 de xaneiro de 2021: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/excepcional/2021/20210126/2549/AnuncioC3K1-260121-7_es.html

 

Ligazón as bases da convocatoria:

https://boppo.depo.gal/detalle/-/boppo/2021/06/04/2021031268

 

A segunda liña de axudas está dirixida a negocios en xeral e entidades do 3º sector que desenvolvan actividades económicas na vila, e estaría aberta a solicitude ata o 8 de xullo inclusive. Poderán ser subvencionados aqueles gastos que se indican nas bases, que poden ter sido efectuados entre o 14 de marzo de 2020 e o 30 de abril de 2021.

 

Cada beneficiario/a poderá recibir ata un máximo de 300 euros en función da contía xustificada.

 

Ligazón ás bases da convocatoria:

 

https://www.aguarda.es/wp-content/uploads/2021/06/20210511_Outros_BASES-AXUDAS-COVID-2021.pdf

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí