Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Continúan as Festas de Verán do Pilar en O Rosal

Durante tres días, do 24 ao 26 de xullo, O Rosal ofrecerá unha variada programación de lecer na Praza do Calvario, destacando o concerto de Fillas de Cassandra

Durante tres días, do 24 ao 26 de xullo, O Rosal ofrecerá unha variada programación de lecer na Praza do Calvario, destacando o concerto de Fillas de Cassandra

Etiquetas del contenido

Fecha: 26 de Julio de 2024

Fuente: Concello do Rosal

O Rosal está listo para celebrar as Festas de Verán do Pilar con tres días de intensa actividade e diversión. Do 24 ao 26 de xullo, a Praza do Calvario converterase no epicentro de eventos que incluirán música, deporte, humor e convivencia, todo grazas á colaboración e implicación das asociacións locais. A alcaldesa, Ánxela Fernández Callís, destacou que "como cada ano, estas festas contan cunha ampla oferta de propostas para todos os públicos, permitindo gozar das nosas tradicións."

A programación das festas arrincará o mércores 24 de xullo coa sexta edición do tradicional Festival Xente Xida. Desde as 20.00 ata a 01.00 horas, os asistentes poderán desfrutar da música tradicional a cargo de BG Paramos, Airiños do Cereixo e Os Terribles Donas, acompañados por Trebón dos Xidos e Xente Xida. A xornada contará tamén con porco ao espeto, cantina e comida a prezos populares, creando un ambiente perfecto para a primeira noite de celebración.

O xoves 25 de xullo, as actividades comezarán ás 16.00 horas cun torneo de xadrez. Pola tardiña, terá lugar unha nova edición do Encontro dos Pobos, o festival folclórico internacional máis veterano da comarca, organizado pola Asociación O Lusco e Fusco. Ás 22.00 horas, chegará o momento máis esperado das festas: o concerto de Fillas de Cassandra coa Agrupación Musical do Rosal. Este dúo musical galego encantará ao público con melodías tradicionais e letras innovadoras, fusionando cancións de tradición oral con influencias do pop, música electrónica e clásica. O espectáculo teatral inclúe a participación do público, ofrecendo unha experiencia única onde o piano e a percusión se combinan con bases electrónicas.

O broche de ouro ás Festas de Verán do Pilar será o venres 26 de xullo da man dos Netos do Rosal, que encherán a Praza do Calvario de humor e retranca a partir das 21.30 horas. A noite culminará coas actuacións de varios DJ’s, asegurando diversión ata altas horas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí