Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Continúan os encontros de a veciñanza conta no Concello do Rosal

Alcaldesa e equipo de Goberno comezarán a vindeira semana unha rolda de reunións nos barrios para dar conta dos proxectos en marcha e coñecer de primeira man as necesidades dos rosaleiros e rosaleiras

Alcaldesa e equipo de Goberno comezarán a vindeira semana unha rolda de reunións nos barrios para dar conta dos proxectos en marcha e coñecer de primeira man as necesidades dos rosaleiros e rosaleiras

Etiquetas del contenido

Fecha: 04 de Octubre de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

Para o Concello do Rosal é fundamental fomentar e practicar a participación cidadá para construír entre todos e todas o futuro do municipio. Por este motivo, a vindeira semana comeza unha nova edición do programa ‘A Veciñanza Conta’, un proxecto que procura “escoitar cales son as cuestións e necesidades a priorizar na xestión dos recursos e darlle voz aos rosaleiros e rosaleiras para que sumen na mellora paulatina do noso pobo”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández.

A partir da vindeira semana, rexedora e equipo de Goberno comezarán unha rolda de reunións polos barrios nas que darán conta dos proxectos postos en marcha ata o de agora e nas que se atenderán as propostas, inquedanzas e outras cuestións que a veciñanza queira trasladar directamente. O Concello volve así a buscar a participación directa cos veciños e veciñas tras o tempo de pandemia en reunións abertas ao público que se celebrarán a partir das 20.30 horas en distintos puntos do Rosal e con todas as medidas de seguridade e prevención necesarias.

Os primeiros encontros serán o mércores 23 de setembro  na escola unitaria de Pías e o xoves 24 na Escola de Novás. Xa a seguinte semana as reunións serán na escola unitaria de Pancenteo o luns 27, na escola unitaria de Fornelos o martes 28 e na Sociedade Recreativa de San Miguel o mércores 29. A rolda de contactos rematará a primeira semana de outubro con encontros na Praza/Escola do Maio de Tabagón o luns 4, no Centro Social das Eiras o martes 5, no ecoparque de Viso dos Eidos o mércores 6 e na Praza do Calán de San Xián o xoves 7. As reunións serán maioritariamente ao aire libre, sempre e cando o tempo o permita.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí