Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Converxencia Galega da Guarda presenta unha coción sobre inmatriculacións de bens inmobles

Recentemente o Tribunal Europeo de Dereitos Humáns acaba de poñer en dúbida o rigor xurídico español o sinalar nunha sentencia que o dereito de inmatriculación de bens recoñecido a igrexa católica

Recentemente o Tribunal Europeo de Dereitos Humáns acaba de poñer en dúbida o rigor xurídico español o sinalar nunha sentencia que o dereito de inmatriculación de bens recoñecido a igrexa católica

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Marzo de 2021

Fuente: Converxencia Galega A Guarda

No ano 1998, o Goberno do Partido Popular presidido por José María Aznar, modificou o Regulamento Hipotecario para permitir a inscripción de templos de culto no Rexistro da Propiedade,  que ata entón non era posible pola súa natureza históricamente pública. Para aproveitar esta nova norma a xerarquía católica resucitou o uso de dúas normas franquistas e inconstitucionais, aprobadas no 1946 e 1947: os artigos 206 da Lei Hipotecaria e 304 do Regulamento Hipotecario. O primeiro equiparaba a Igrexa ca Administración Pública, otorgándolle o privilexio de acceder o Rexistro da Propiedade sen título. O segundo artigo equipara os diocesanos cos notarios, de xeito que un obispo pode certificarse a si mesmo que el é propietario dun inmoble atendendo o que él diga. Por medio deste procedemento, téñense inmatriculado, sin título de propiedade, miles de bens en España que poderían ser públicos, incluso antes da reforma de Aznar. Normas a todas luces inconstitucionais e reprobadas polo Tribunal Europeo de Dereitos Humans.

Debe quedar claro que o posible uso litúrxico non condiciona en absoluto a propiedade. E pola outra parte, se teñen inmatriculado moitos bens en manifestó abuso do dereito e fraude de Lei, o non haber sido propiedade nunca pola igrexa católica e incluso non poder argumentar a coartada do séu posible uso litúrxico, como solares, vivendas, camiños e incluso prazas públicas.  A presión cidadan e política ten desvelado moitos casos provocando a aprobación da lei 13/2015, que modifica a Lei Hipotecaria para eliminar o privilexio rexistral mencionado. Pero faino sen efectos retroactivos, o que produce unha amnistía rexistral sobre moitos bens inscritos pola igrexa católica sin presentar título de propiedade.

En abril de 2015, a proposta do PSOE, aprobouse unha Proposición non de Lei (PNL) na que se acorda solicitar do Goberno que no prazo de seis meses, aporte a relación de bens inmatriculados pola igrexa, así como reclamala propiedade de aqueles bens postos o séu nome y e que non xustifiquen como de uso ou propiedade eclesiástica.

Recentemente o Tribunal Europeo de Dereitos Humáns acaba de poñer en dúbida o rigor xurídico español o sinalar nunha sentencia que o dereito de inmatriculación de bens recoñecido a igrexa católica “pola lexislación interna (española) sin xustificación aparente” non é suficiente nin válido.

Dende distintas instancias, asociacións, grupos veciñais e políticos teñen solicitado dos Gobernos Centrais e Autonómicos, listados de inmobles inmatriculados por esta vía co fin  de poder contrastar a súa titularidade e actuar en consecuencia si se dictamina que é publica. Distintos Parlamentos autonómicos xa teñen aprobado Leis para solicitar esta información.

Teñen sido de moita sona, as reclamacións veciñais sobre terreiros e carballeiras en moitos pobos e vilas galegas, donde os documentos aclararon que eses bens eran dos veciños, pero tamén temos constancia que dese xeito tamén se teñen feito inmatriculacións por esta vía moitos bens sin ningún documento que acreditase a titularidade.

Por todo elo, dende o Grupo Municipal de CONVERXENCIA GALEGA, vimos a presentar para o séu debate e aprobación se procede da seguinte MOCION:

1º.- . Que o Concello de A Guarda, recabe do Rexistro da Propiedade que nos corresponde a lista completa dos bens inmatriculados o aveiro do artigo 206 da Lei Hipotecaria, dende o ano 1978 pola Igrexa Católica, tendo en conta que poden haberse utilizado nomes diversos de Diócesis, Congregacións, Obispado, Cabildo ou similares

2º.- O Concello de A Guarda solicitará do Goberno e do parlamento galego para que se adopten as iniciativas necesarias o obxeto de poder contar cunha relación dos bens inmatriculados pola igrexa en base a Lai Hipotecaria de 1946 e o artígo 304 do Regulamento Hipotecario.

3º.- O Concello de A Guarda, instará o Goberno do Estado para que de cumplimento a PNL aprobada no Congreso dos Diputados en abril de 2017 para que aportara en seis meses o listado de bens inmatriculados dende 1998 a 2015

4º.- O Concello de A Guarda, solicitará do Goberno galego información sobre as inversións e subvencións feitas con fondos públicos para o mantenemento, restauración e mellora dos inmobles inmatriculados pola igrexa católica, especificando, no séu caso, o porcentaxe de dotación pública na nosa localidade.

5º.- O Concello de A Guarda, solicitará do Ministerio de Xustiza, Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, para que o mesmo que fixo no ano 2008 no caso de Navarra, aporte o listado de bens inmatriculados pola Igrexa católica na nosa localidade en base a Lei Hipotecaria de 1946 e o artigo 304 do Regulamento Hipotecario.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones