Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

CONVIVE.COMigo volve a Tomiño na procura de persoas ou familias dispostas a axudar a adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia

CONVIVE.COMigo é un programa promovido por ARELA e a Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra

CONVIVE.COMigo é un programa promovido por ARELA e a Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra

Etiquetas del contenido

Fecha: 06 de Octubre de 2022

Fuente: Concello de Tomiño

Conseguir persoas ou familias que queiran convivir cunha persoa adolescente que teña a obriga de cumprir unha medida xudicial (Convivencia con outra persoa, familia ou grupo educativo). Esé é obxectivo de CONVIVE.COMigo, un programa promovido pola asociación ARELA e a Xunta de Galicia na provincia de Pontevedra, que chegou a Tomiño na procura de apoios de cara a colaborar na difusión do mesmo e así continuar nutrindo o banco de persoas ou familias do programa con núcleos de convivencia que abarquen diferentes puntos do territorio.

Na reunión mantida hai uns días, acordouse a colaboración do Concello de Tomiño na difusión e achegamento do programa á cidadanía, coa finalidade de que poidan xurdir novas persoas ou familias interesadas no municipio. Anteriores campañas de difusión do CONVIVE.COMigo teñen espertado un grande interese entre a poboación, polo que a alcaldesa, Sandra González, agarda que a presente campaña obteña de novo resultados positivos: “a veciñanza tomiñesa sobresae polo seu compromiso e pola súa solidariedade e estou convencida de que moitas familias quererán sumarse de novo á iniciativa de Arela e da Xunta e cooperar na presente edición de CONVIVE.COMigo”.

O programa busca familias ou persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por unha persoa adolescente con dificultades que, a través dun ambiente socializador e positivo terán a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida xudicial e evitarán, así, reincidir nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes unha vez regresen a vivir coa súas familias de orixe.

Os requisitos para formar parte do programa CONVIVE.VOMigo son os seguintes:  ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse a traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de parentalidade... Á súa vez, valorarase positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar e a predisposición á aprendizaxe en diferentes eidos como a adolescencia ou a formación de carácter xurídico.

ARELA ofrece unha formación grupal e individual, e asesoramento, con acompañamento de profesionais e un financiamento de 40€ diarios durante os meses que a persoa adolescente permaneza coa familia ou persoa.

Pódese consultar máis información sobre este programa na páxina web de ARELA, así como no teléfono 986 21 25 37 ou a través do enderezo electrónico convive@arela.org. 

ARELA é unha asociación que leva traballando en Galicia dende o ano 1998 con infancia e adolescencia en situación de desprotección e/ou conflito social, prestando diferentes servizos: Casas de Familia, Centros de Atención de Día Integral e Centros de Intervención Educativo en Medio Aberto (CIEMA) coa Consellería de Política Social.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí