Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Convocada folga indefinida en IKF da Guarda para rexeitar a dobre escala salarial que a empresa quere prolongar no tempo

A medida supón unha diferenza de soldos de máis do 25% na mesma categoría laboral, uns 5200 euros ao ano menos

A medida supón unha diferenza de soldos de máis do 25% na mesma categoría laboral, uns 5200 euros ao ano menos

Etiquetas del contenido

Fecha: 09 de Julio de 2021

Fuente: CIG

O cadro de persoal de Imerys Kiln Furniture (IKF), empresa dedicada á fabricación de materiais refractarios con sede na Guarda, decidiu por ampla maioría convocar folga indefinida para rexeitar a dobre escala salarial que a compañía pretende prolongar no tempo.

A convocatoria, que dará comezo o vindeiro 14 de xullo, saíu adiante con 41 votos a favor, cinco en contra e un en branco. Con esta medida de presión os traballadores/as queren amosar o seu rexeitamento á proposta da empresa de manter durante oito anos máis a dobre escala salarial pactada en 2018 co anterior comité (no actual a CIG ten 4 dos 5 delegados/as).

Segundo este acordo, as persoas que se incorporan a IKF dende ese ano ingresan entre un 25 e un 30% menos de soldo que os seus compañeiros/as da mesma categoría laboral, o que supón uns 5200 euros menos ao ano. As pretensión da dirección son que nos oito anos de vixencia non se garantiría que o persoal que se incorporase á empresa dende 2018 ou o que a faga a partir de agora recupere o 100% do salario establecido no actual pacto de empresa.

Outro dos motivos que levaron á convocatoria de folga ten que ver precisamente coa renovación do pacto salarial, que caducou o 31 de decembro de 2020. As partes comezaron a negociar a renovación en abril, mais o acordo non é posíbel porque non existe consenso na actualización salarial, xa que a empresa quere aplicar a suba que marca o convenio estatal, cando hai un pacto de empresa propio.

Ademais, IKF pretende que o 10% de distribución irregular da xornada permitido por lei sexa obrigatoria para todo persoal de luns a sábado, tanta de mañá como de tarde. Isto traduciríase unha liberalización dos horarios a disposición da empresa, o que suporía un ataque ao dereito de conciliación da vida laboral e familiar.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí