Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Convocatoria de folga da recollida do lixo e da limpeza viaria en Tomiño

O delegado de persoal e a súa central sindical non fan nada, semellando estar en conivencia coa empresa, facendo pinza para que non haxa negociación para mellorar as condicións laborais.

O delegado de persoal e a súa central sindical non fan nada, semellando estar en conivencia coa empresa, facendo pinza para que non haxa negociación para mellorar as condicións laborais.

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Noviembre de 2021

Fuente: Concello de Tomiño

Dende a CUT queremos comunicar que o vindeiro sábado 27 de novembro esta central sindical convoca á poboación e aos medios de comunicación nunha concentración/rolda de prensa na Praza do Seixo en Tomiño ás 13:30 horas. Nela faremos lectura das reivindicacións do cadro de persoal e dos motivos que os levan a tomar esta decisión, así como a data da folga.

Como xa dixemos no anterior comunicado, levan 15 anos sen melloras salariais ou sociais, regulados polo Estatuto dos Traballadores/as, que é de mínimos. Traballan cunha maquinaria obsoleta que repercute tanto na saúde dos traballadores/as como na calidade do servizo. Logo dunha inspección de traballo por fin decidiron poñer auga nos vestiarios e mercar taquillas novas para sustituir ás deterioradas.

O delegado de persoal e a súa central sindical non fan nada, semellando estar en conivencia coa empresa, facendo pinza para que non haxa negociación para mellorar as condicións laborais.

O cadro de persoal leva anos traballando con absoluta dilixencia, na pandemia declaradas servizo esencial, traballaron cos escasos medios de protección que deu a empresa, turrando cun aumento de carga de traballo sen parangón e sen ningunha compensación a cambio. Polo tanto, ninguén pode ver nesta convocatoria de folga mala fe algunha. Por todo isto e máis, imos convocar folga para comezos de decembro.

Agardamos a comprensión e o apoio ás nosas xustas reivindicacións por parte do goberno de Tomiño, de todos os partidos políticos do Concello e por suposto de todos os tomiñenses e tomiñensas.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí