Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Convocatoria de Pleno Extraordinario o martes 29 de decembro en Tui

Martes día 29 decembro ás 18:00 horas

Martes día 29 decembro ás 18:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 29 de Diciembre de 2020

Fuente: Concello de Tui

Tendo en conta o Real Decreto 926/2020 do Ministerio da Presidencia, de 25 de otubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2, e tendo en conta a Orde da Consellería de Sanidade, do 4 de novembro de 2020, que establece medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiológica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e considerando imprescindible continuar adoptando unha serie de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación, que permitan seguir facendo fronte e controlando o virus mentres perdure a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

Considerando que a actual evolución na contención da pandemia non exime aos poderes públicos o seu deber de «organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios» establecido no artigo 43.2 da Constitución Española para garantir o dereito á proteción da saúde que recoñece este artigo no seu primeiro apartado.
Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se deberá celebrar a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello, permitindo o acceso de medios de comunicación, e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.


Se fai notar que se realizará unha distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.
Dada a necesidade de tratar sen demora os asuntos incluídos na convocatoria, esta Alcaldía, ao abeiro da DA 3ª do RD 463/2020, de 14 de marzo, e de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, RESOLVE:
PRIMEIRO.-Convocar Sesión con carácter de Extraordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro martes día 29 decembro ás 18:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:

ORDE DO DÍA
A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta de sesión anterior ordinaria nº 10/2020, do 19 de novembro.
2º.- Expediente 2298/2020. Ditame da Comisión informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 22/12/2020, favorable a proposta do conxunto dos grupos da corporación relativa á aprobación das bases reguladoras e convocatoria para a concesión de axudas á reactivación económica do Concello de Tui a través dos bonos "Activa Tui".
3º.- Expediente 2705/2019. Ditame da comisión informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos, de data 22/12/2020, favorable a proposta de Alcaldía de data 14/12/2020 de aprobación licitación concesión de obra pública aparcadoiro soterrado.
4º.- Expediente 2269/2020 (Relacionado con expte. 2987/2018). Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 22/12/2020 favorable a proposta da concelleira de Facenda, de data 09/12/2020, relativa a bonificación de ICIO a solicitude de obra de afectado pola explosión de Paramos.
5º.- Expediente nº 2258/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal do 22/12/2020 favorable a proposta da Alcaldía, de data 17/12/2020, sobre ratificación resolución de Alcaldía de data 14/12/2020.

6º.- Expediente 1884/2020. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte do 22/12/2020 favorable a proposta de Alcaldía, de data 26/10/2020, relativa a corrección de erro do acordo de Pleno adoptado o 22/10/2020 no día correspondente ao Martes de Entroido.
7º.- Expediente 317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Ensino, Servizos Sociais, Cultura, Turismo e Deporte do 22/12/2020 favorable a proposta de Alcaldía, de data 17/12/2020, relativa a aprobación de III Plan municipal de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes de Tui 2020-2024.
8º.- Expediente 2569/2018. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 22/12/2020, favorable a Proposta de Alcaldía, de data 17/12/2020, declarando a necesidade de ocupación de parte da parcela 36055A047001200000UA pertencente a KIWI ESPAÑA S.A segundo consta no proxecto de “Pasarela peatonal en la desembocadura del río Louro. T.M. de Tui (Pontevedra)”.
9º.- Expediente 476/2017. Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 22/12/2020, favorable a proposta de Alcaldía, de data 09/12/2020, relativa a aprobación definitiva do Plan Especial do Conxunto Histórico-Artístico do Concello de Tui.
SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.

TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones