Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Convocatoria de Pleno Ordinario este xoves en Tui

Xoves 29 de xaneiro ás 20:00 horas

Xoves 29 de xaneiro ás 20:00 horas

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Enero de 2021

Fuente: Concello de Tui

RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO


Tendo en conta o Real Decreto 926/2020 do Ministerio da Presidencia, de 25 de otubro, polo que se declara o estado de alarma para conter a propagación de infeccións causadas polo SARS-CoV-2 e tendo en conta medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiológica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia, e considerando imprescindible continuar adoptando unha serie de medidas urxentes de prevención, contención e coordinación, que permitan seguir facendo fronte e controlando o virus mentres perdure a crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.
Considerando que a actual evolución na contención da pandemia non exime aos poderes públicos o seu deber de «organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios» establecido no artigo 43.2 da Constitución Española para garantir o dereito á proteción da saúde que recoñece este artigo no seu primeiro apartado.


Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se deberá celebrar a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello, permitindo o acceso de medios de comunicación, e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.


Se fai notar que se realizará unha distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.


Polo exposto, esta Alcaldía, ao abeiro da DA 3ª do RD 463/2020, de 14 de marzo, e de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, RESOLVE:


PRIMEIRO.- Convocar Sesión con carácter de Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro xoves día 28 de xaneiro ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:


ORDE DO DÍA


A) Parte resolutiva:
1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta de sesión anterior nº 11/2020, do 29 de decembro.
2º.- Expediente 2313/2020. Ditame favorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/01/2021, a proposta da concelleira de Facenda, de data 15/01/2021, sobre proxecto do Orzamento Municipal do Concello para o 2021.
3º.- Expediente 2317/2020. Ditame favorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal, de data 21/01/2021, a proposta da Alcaldía, de data 18/01/2021, relativa á modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui.
4º.- Expediente 826/2020. Ditame favorable da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos, de data 21/01/2021, a proposta da Alcaldía, de data 12/01/2021, relativa a adxudicación no expediente de contratación do “Suministro de enerxía eléctrica no Concello de Tui”.
5º.- Mocións de Urxencia.
B) Actividade de control:
6º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía: Do nº 1291, de 16/11/2020, ao nº 1563, de 31/12/2020. Do nº 1, de 04/01/2021, ao nº 55, de 22/01/2021.
C) Rogos e preguntas:
7º.- Rogos e preguntas.
SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.
TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso.”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí