Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Convocatoria de Pleno Ordinario este xoves en Tui

Pleno ordinario o xoves 27 de maio ás 20:00h

Pleno ordinario o xoves 27 de maio ás 20:00h

Etiquetas del contenido

Fecha: 27 de Mayo de 2021

Fuente: Concello de Tui

Con data 24 de maio do 2021 o Sr.Alcalde ditou resolución do tenor literal que se indica:
" RESOLUCIÓN DE ALCALDÍA.- CONVOCATORIA PLENO ORDINARIO


Considerando que a actual evolución na contención da pandemia non exime aos poderes públicos o seu deber de «organizar y tutelar la salud pública a través de medidas preventivas y de las prestaciones y servicios necesarios» establecido no artigo 43.2 da Constitución Española para garantir o dereito á proteción da saúde que recoñece este artigo no seu primeiro apartado.


Considerando que a celebración do pleno debe realizarse de forma axustada aos requisitos necesarios para evitar calquera tipo de risco de contaxio da enfermidade, polo que, con carácter excepcional, a presente sesión plenaria se deberá celebrar a porta pechada para o público, sen prexuízo de que a súa publicidade e debida transparencia quedará garantida coa retransmisión da sesión en directo a través da radio municipal e páxina web do concello, permitindo o acceso de medios de comunicación, e a súa posterior comunicación pública a través do Portal de Transparencia.


Se fai notar que se realizará unha distribución dos concelleiros permitindo a debida separación entre eles, que se porá a disposición dos mesmos para o seu uso de mascarillas e guantes, e que os concelleiros deberán ter en conta as recomendacións sanitarias a seguir establecidas na guía de “Buenas prácticas en los centros de trabajo por el COVID-19 (actualización 11/04/2020)” e protocolo de Medidas Preventivas Coronavirus Covid-19 remitido polo servizo de vixilancia da saúde deste concello.


Polo exposto, esta Alcaldía, ao abeiro da DA 3ª do RD 463/2020, de 14 de marzo, e de acordo co disposto no artigo 46.2 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local e o art. 80 do Real Decreto Lexislativo 2568/1986, de 23 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Funcionamento, Organización é Réxime xurídico das Entidades Locais, RESOLVE:


PRIMEIRO.-Convocar Sesión con carácter de Ordinaria do Pleno Corporativo a celebrar a porta pechada para o público o vindeiro xoves día 27 de maio ás 20:00 horas, e dous días despois á mesma hora en segunda convocatoria en caso de non existir o quórum esixido na primeira, no Salón de Sesións da Casa do Concello, a fin de resolver os puntos incluídos na seguinte:


ORDE DO DÍA


A) Parte resolutiva:


1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta de sesión anterior nº 2/2021, do 25 de marzo.


2º.- Expediente 2705/2019. Ditame Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 21/05/2021, favorable á proposta da Alcaldía de 20/05/2021 de adxudicación expediente de “Concesión obra pública redacción de proyecto, construcción y explotación de aparcamiento subterráneo entre las calles Orense y Compostela, y urbanización exterior superficie existente sobre el aparcamiento y reposición de servicios afectados por ejecución del aparcamiento.”


3º.- Expediente 938/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 20/05/2021, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos número 13/2021 (Crédito Extraordinario 2/2021) financiado con remanente líquido de Tesoureria para gastos xerais.


4º.- Expediente 958/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 20/05/2021, de aprobación do expediente de Modificación de Créditos número 14/2021 (Suplemento de Crédito 1/2021) financiado con remanente líquido de Tesoureria para gastos xerais.

5º.- Expediente 2317/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da Alcaldía de data 18/05/2021, relativa á modificación da Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui.


6º.- Expediente 2313/2020. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 18/03/2021, favorable á proposta da Concelleira delegada de Facenda de data 15/03/2021 sobre Aprobación definitiva do Orzamento xeral 2021.


7º.- Expediente 450/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns de data 12/05/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente as obras de Saneamento e recintado de muros interiores en bodega asociada a vivenda en planta 1ª sita na rúa San Telmo, 7.


8º.- Expediente 635/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 20/04/2021, relativa a bonificación de ICIO por obras de afectado pola explosión de Paramos (ID 404)


9º.- Expediente 637/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Urbanismo, Facenda e Parques e Xardíns, de data 20/04/2021, relativa a bonificación de ICIO por obras de afectado pola explosión de Paramos (ID 240).


10º.- Expediente 887/2021. Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á proposta da concelleira delegada de Facenda, de data 12/05/2021, de concesión de bonificación de ICIO correspondente as obras de "Reparación de faldón de cuberta" sito na rúa Cuenca, 4.


11º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de data 21/05/2021, favorable á da Proposta da Alcaldía, de data 18/05/2021, de asunción de escrito presentado pola plataforma “Creer en nosotros” del sector de la peluquería y estética”.


12º.- Ditame da Comisión Informativa de Urbanismo, Obras, Contratación e Servizos municipais de data 21/05/2021, favorable á proposta de Alcaldía, de data 18/05/2021, relativa a asunción de escrito presentado pola Asociación Patrimonial e Etnográfica Acueducto de Caldelas sobre estado do Acueducto do Pontillon”.


13º.- Mocións de Urxencia.

B) Actividade de control:


14º.- Expediente 242/2021. Dación de conta de liquidación do Orzamento para o ano 2020, de acordo co establecido nos artigos 193.4 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais e 90.2 do Real Decreto 500/1990, do 20 de abril.


15º.- Expediente 2095/2020. Dación de conta de aprobación información referida ó custo efectivo dos servizos no Concello de Tui tal e como se obtén do programa contable do Concello para o exercicio 2019.
16º.- Dación de conta de resolucións da Alcaldía de nº 305 de 22/03/2021 ata o nº 722 de 20/05/2021.
C) Rogos e preguntas:


17º.- Rogos e preguntas.


SEGUNDO.-Notificar a presente Resolución aos concelleiros advertíndolles que, conforme ao disposto polo artigo 12.1 do citado RD 2568/1986, do 28 de novembro, deberán comunicar coa antelación necesaria calquera causa xustificada que implique a imposibilidade de asistir á citada sesión, e facendo remisión ás medidas e recomendacións sanitarias sinaladas na parte expositiva.


TERCEIRO.-Que pola Secretaría municipal se poña a disposición dos Concelleiros a documentación dos asuntos incluídos na orde do día, acompañando a convocatoria copia das actas das sesións anteriores que se sometan a votación, no seu caso. ”

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones