Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cores Tourís analizou a situación dos viveiros de prantas ornamentais de Pontevedra co presidente de Asvinor

O delegado territorial da Xunta destacou que o sector da planta ornamental ten un significativo alcance económico ao representar o 8,41% da produción final agraria

O delegado territorial da Xunta destacou que o sector da planta ornamental ten un significativo alcance económico ao representar o 8,41% da produción final agraria

Etiquetas del contenido

Fecha: 03 de Junio de 2016

Fuente: Xunta - Del. Territorial Ponte

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, mantivo un encontro con José Collazo, presidente de Asvinor, a Asociación de Empresarios Viveiristas do Noroeste, con quen analizou a situación do sector na provincia.

Durante a reunión, o presidente de Asvinor e o delegado territorial analizaron o sector da planta ornamental en Galicia, que ten un significativo alcance económico ao representar o 8,41% da produción final agraria. "Máis do 30% dos viveiros produtores de planta ornamental presentan unha clara vocación cara a exportación fóra de Galicia", explicou José Collazo, quen engadiu que a asociación que preside conta cun total de 30 viveiros dedicados non só a planta ornamental senón tamén a planta forestal, viticultura, etc.

En concreto, o sector da planta ornamental resulta atractivo en termos de rendibilidade agraria, xa que é un dos cultivos que máis renda xera por unidade de superficie. "E en Galicia contamos con máis de 900 hectáreas de superficie de cultivo", matizou Cores Tourís. Ademais, cómpre destacar o apoio institucional á promoción deste sector, ao posibilitar a súa presenza en diferentes foros profesionais que se celebran anualmente tanto en España como no estranxeiro.

O presidente desta asociación aproveitou a reunión para trasladarlle ao delegado territorial a satisfacción da súa asociación porque a Consellería de Medio Rural participe na feira Iberflora, considerada o referente profesional deste eido en toda Europa e que se celebrará en setembro en Valencia, e na cal participará a Xunta de Galicia cun stand no que estarán representados os principais viveiros galegos.

José Collazo é xerente do viveiro Riotollo de Tomiño, así como conselleiro tamén de Coplant, unha das máis importantes comercializadoras de plantas da comarca do Baixo Miño. Entre os viveiros asociados nesta comercializadora atópanse Plantas Ozores, Cultivos Casaita, s.l., Galiplant, s.a.t., Viveros Río Tollo, s.l. e Vidaplan, S.L., que contan cun total de 50 hectáreas de explotacións. Esta comercializadora vende en España o 50% da súa produción, destinando o resto á exportación nos principais países da UE. "Estamos na actualidade a facer unha prospección de mercado en países de fora da Unión Europea, como é Turquía, entre outros", explicou o conselleiro de Coplant.

Galicia Calidade
O delegado territorial pola súa banda, destacou a importancia de que o sector da planta ornamental estea a traballar con Galicia Calidade co obxectivo de conseguir este certificado. De feito, segundo apuntou Cores Tourís, "o traballo que están a facer dende os viveiros e a Xunta está a dar o seu froito, xa que o decreto que establece as características para conseguir este selo de garantía está case rematado".

Finalmente, José Collazo tamén quixo trasladar ao delegado territorial a importancia que para a asociación Asvinor tivo poder optar por primeira vez o ano pasado ás axudas do programa Reacciona do IGAPE, xa que lles permitiron poder obter ata o 75% das subvencións para a posta en marcha dunha consultaría que leve a cabo asesoramento profesional para os seus asociados. Así, a través desta consultora, os viveiros puideron poñer en marcha estudios integrais das súas empresas, programas de márketing e análise da produtividade, mellorar a súa organización loxística e a súa competitividade.

Ademais, en relación ás axudas autonómicas ao sector, Asvinor tamén se acolleu as subvencións do ICEX que permiten a posta en marcha de accións directas e inversas, tanto en feiras nacionais coma internacionais.

Neste senso, o delegado territorial trasladoulle a José Collazo o interese da Xunta de Galicia por animar a mozos e mozas a incorporarse ao sector agrario, "non só porque deste xeito emprenden un proxecto laboral, senón tamén porque é un estímulo para a dinamización do rural". Deste xeito, Cores Tourís recordoulle ao presidente de Asvinor que a administración autonómica acaba de publicar axudas para menores de 41 anos que desexen crear ou incorporarse a unha actividade agraria, ou mellorar as súas explotacions, e acaden a capacitación profesional suficiente.


"Concederáselles para este fin unha axuda repartida en dous tramos cunha contía básica de 20.000 euros, ampliables ata os 70.000 euros, que estará supeditada ao cumprimento dun Plan Empresarial presentado polo mozo no que quede acreditada a viabilidade da explotación na que se incorpora. O orzamento previsto para esta medida é de 18 millóns de euros", rematou o delegado territorial.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí