Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Costura, creatividade e sostibilidade para pechar os obradoiros de primavera no Rosal

O Concello do Rosal pecha a súa programación de obradoiros de primavera cun curso de iniciación á costura no que as persoas participantes elaborarán unha tote bag a partir de pantalóns vaqueiros reutilizados.

O Concello do Rosal pecha a súa programación de obradoiros de primavera cun curso de iniciación á costura no que as persoas participantes elaborarán unha tote bag a partir de pantalóns vaqueiros reutilizados.

Etiquetas del contenido

Fecha: 11 de Junio de 2025

Fuente: Jorge Alonso Daldea (Director Infomiño.com)

A creatividade e a sostibilidade protagonizan o peche da edición de primavera dos obradoiros organizados polo Concello do Rosal. A actividade final consistirá nun taller práctico de iniciación á costura que se celebrará o sábado 21 de xuño ás 10:00 h na nave do Obradoiro da Mata, e será impartido por Vicky, responsable de Confecciona Academia.

Durante tres horas, as persoas participantes aprenderán a confeccionar unha bolsa tote bag a partir dun pantalón vaqueiro usado, combinando aprendizaxe, reciclaxe e creatividade. A proposta está aberta a todas as idades e non require experiencia previa, o que a converte nunha actividade accesible tanto para quen desexe iniciarse no mundo da costura como para quen queira explorar unha nova forma de reutilizar prendas en desuso.

Segundo destacou o concelleiro de Xuventude, Alejandro González, “as actividades creativas como esta non son só espazos de aprendizaxe, son lugares de encontro, de economía circular e mesmo de autocoidado”. González subliñou ademais o compromiso do Concello coa sostibilidade, a reutilización de materiais e a formación práctica para todas as idades.

Para participar, as persoas interesadas deberán levar dous pantalóns vaqueiros usados, fío de coser para máquina ao seu gusto e a súa propia máquina de coser. O resto de materiais —como agullas, tiza para teas, alfinetes, tesoiras, cinta métrica e outros utensilios— serán facilitados pola organización.

O taller terá un custo de 16 euros e está limitado a 8 prazas, cunha prioridade de inscrición para persoas menores de 30 anos. A inscrición debe formalizarse a través do formulario habilitado polo Concello.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí