Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Creatividade a raudais nos obradoiros de verán para a mocidade rosaleira

Aberta a inscrición ata o día 12 en cinco talleres que se desenvolverán durante o mes de xullo no Centro Social

Aberta a inscrición ata o día 12 en cinco talleres que se desenvolverán durante o mes de xullo no Centro Social

Etiquetas del contenido

Fecha: 02 de Julio de 2021

Fuente: Concello de O Rosal

O Concello do Rosal propón un verán cheo de creatividade sostible para a mocidade rosaleira. A programación estival conta este ano con obradoiros monográficos dunha única xornada nos que ademais de potenciar a imaxinación de rapaces e rapazas a partir dos 12 anos, traballaranse diferentes ideas para darlle unha segunda vida útil aos obxectos. Así, ata o vindeiro 12 de xullo as persoas interesadas poderán inscribirse a través da páxina web municipal en 5 talleres que se desenvolverán durante o mes de xullo no Centro Social. Todos os talleres serán ás 10.00 horas e terán un custo de 5 euros por curso.

No obradoiro Calcenecos o vindeiro 19 de xullo os mozos e mozas farán monecos personalizados e moi variados a partir de calcetíns desemparellados ou vellos, unha idea orixinal que pode empregarse como decoración, agasallo, xoguete... O curso desenvolverase nunha sesión de 2,5 hoaras. Xa pode facerse a  inscrición aquí.

O día 20 de xullo a bixutería de reciclaxe centrará a xornada. Un curso de 2,5 horas nas que as e os participantes poderán reciclar os colares, pendentes e pulseiras que xa non empregan e teñen gardados nun caixón, facendo novos complementos adaptados ao seu gusto e coñecendo novas técnicas. Pode xa facerse a inscrición aquí.

O mércores 21 de xullo os mozos e mozas poderán achegarse ao mundo do traballo en coiro no taller de elaboración de diferentes pulseiras. Un monográfico de dúas horas para o que hai que inscribirse na web municipal.

‘Dalle vida ao papel’ será o obradoiro do xoves 22 de xullo, un curso de 2,5 horas de duración no que os rapaces e rapazas aprenderá a facer diferentes cousas co papel que sobra no día a día, unha segunda oportunidade a este material co que poderán facer un cesto, unha carteira ou unha libreta ou axenda a partir de recortes. As persoas interesadas poden inscribirse aquí.

O último curso desa xornada será o de ‘Plástico Máxico’, un novo material que aterrou hai pouco tempo no mundo do feito a man sobre o que se pode pintar e que encolle e endurece cando se lle aplica calor. Con el rapaces e rapazas farán pequenas pezas de bixutería, adornos, chaveiros... Será o venres 23 de xullo e a inscrición pode facerse aquí.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí