Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cribado masivo en O Rosal

As probas van dirixidas a persoas empadroadas no Rosal e que fan vida no municipio.

As probas van dirixidas a persoas empadroadas no Rosal e que fan vida no municipio.

Etiquetas del contenido

Fecha: 13 de Enero de 2021

Fuente: Concello do Rosal

Ante a alta incidencia acumulada da COVID-19 no Rosal nos últimos días, o Concello propuxo ao Servizo Galego de Saúde a realización dun cribado masivo voluntario a través de probas PCR que permita identificar a positivos asintomáticos dos que non se teña constancia e axudar así a reducir a propagación do virus. Por este motivo, desde este mesmo mércores xa está habilitada a páxina covid.orosal.gal, na que as persoas interesadas en colaborar poden inscribirse enchendo un sinxelo formulario. A inscrición tamén estará accesible dende a páxina web do Concello.
Unha vez recollidos os datos das persoas voluntarias serán trasladados ao Sergas, que a partir de principios da vindeira semana contactará con cada un dos inscritos para dar cita para a proba PCR, un frotis naso-farínxeo totalmente indoloro que permitirá tomar medidas que axuden a frear a transmisión. As probas realizaranse en Vigo, nun centro que se comunicará a cada persoa no momento de dar a cita.
Trátase dunha oportunidade de facer unha proba PCR de balde e estar seguros e seguras de se se está infectado ou non de coronavirus.
“Animamos a todos os rosaleiros e rosaleiras a participar, sobre todo a aqueles que poidan ter máis risco. A colaboración de todos e todas é fundamental para reducir o nivel de contaxio que temos nestes intres”, salienta a alcaldesa, Ánxela Fernández, que fai tamén un chamamento á responsabilidade e á prudencia de toda a veciñanza.
A Xunta vén de decretar o nivel extremo de alerta en toda a comunidade autónoma, endurecendo as medidas restritivas en toda Galicia. A partir deste venres 15 de xaneiro adiantarase o toque de queda ás 22.00 horas, xa non estará permitida a mobilidade entre concellos, a hostalaría pechará a partir das 18.00 horas e os comercios ás 21.30 horas. Ademais, as reunións entre non convivintes limitaranse a un máximo de catro persoas.

As probas van dirixidas a persoas empadroadas no Rosal e que fan vida no municipio.

Formulario de inscrición: https://covid.orosal.gal/

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí