Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Registro / Login

Miércoles, 11 de Marzo de 2026

Cristina Correa tira de maioría para impoñer o cambio do escudo en Oia

No deixa de ser curioso o pretender impoñer un escudo que na práctica nada ten que ver coa historia de Oia baseándose nun presunto informe da Comisión Heráldica, máis propio dun traballo encomendado a xoves da ESO

No deixa de ser curioso o pretender impoñer un escudo que na práctica nada ten que ver coa historia de Oia baseándose nun presunto informe da Comisión Heráldica, máis propio dun traballo encomendado a xoves da ESO

Fecha: 04 de Marzo de 2021

Fuente: Concello de Oia

No pleno extraordinario convocado a petición do Grupo Municipal Socialista de Oia e que a alcaldesa non permitiu que se retransmitise para todos os veciños, se tratou o cambio do escudo de Oia aprobado unilateralmente polo grupo popular.

A pesares dos reiterados chamamentos por parte do PSdeG -PSOE, lección de historia incluída por parte do seu portavoz, ao consenso e á participación dos veciños nesta decisión, a alcaldesa negouse a anular o acordo tomado polo grupo de goberno no pleno de 28 de Xaneiro de 2021, tirando da súa maioría para rexeitar a proposta socialista que solicitaba a anulación de dito acordo e a creación dunhas bases para que mediante un concurso de ideas, no que puidera participar calquera persoa ou entidade, chegar a un consenso que non producise a división e o rexeitamento entre a veciñanza que dita decisión ten creado.

No deixa de ser curioso o pretender impoñer un escudo que na práctica nada ten que ver coa historia de Oia baseándose nun presunto informe da Comisión Heráldica, máis propio dun traballo encomendado a xoves da ESO, que dun estudio serio e riguroso realizado por un ente que, en principio, debería de haberse documentado dunha maneira moito máis profunda e detallada.

A pesares das críticas realizadas polo grupo de goberno ao escudo actual por ser o do Mosteiro, no deixa de estrañarnos que o proposto pola Comisión Heráldica teña os símbolos propios do Císter de Castela, flor de Lis, báculo abacial, etc, desprestixiando, volvemos a repetir, a historia do Concello de Oia.

Por último, os socialistas de Oia nos comprometemos, se os veciños cos seus votos o refrendan nas vindeiras eleccións, a que se gobernamos, se retomara o caso para previa consulta e participación dos veciños dotar ao Concello dun escudo e bandeira consensuado por todos.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí