Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cruz Vermella en Baixo Miño desenvolve unhas sesións de xestión emocional grazas ó apoio de UNESPA

Estas sesións estanse impartindo tódolos mércores de 10:30 a 12:00 horas e parte delas tiveron que adaptarse a un formato online debido ás restricións polo aumento de casos de coronavirus.

Estas sesións estanse impartindo tódolos mércores de 10:30 a 12:00 horas e parte delas tiveron que adaptarse a un formato online debido ás restricións polo aumento de casos de coronavirus.

Etiquetas del contenido

Fecha: 15 de Febrero de 2022

Fuente: Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño

Dende o pasado 22 de decembro estanse a desenvolver unhas sesións de xestión emocional na Asemblea Comarcal de Baixo Miño, e proximamente trasladarase tamén a outros puntos da provincia. Esta actividade enmárcase dentro do programa “Cruz Vermella te escoita”, que ten como obxectivo favorecer o benestar emocional das persoas e que se puxo en marcha trala crise provocada pola Covid-19.

Dentro destes talleres, nos que actualmente participan sete persoas e que son impartidos por dúas voluntarias especializadas en psicoloxía, trabállanse diferentes aspectos como o papel das emocións, os problemas derivados dunha mala xestión emocional, a importancia dos pensamentos, o control da ansiedade ou a regulación emocional; ó tempo que se establece o momento no que é importante pedir axuda profesional.

Estas sesións estanse impartindo tódolos mércores de 10:30 a 12:00 horas e parte delas tiveron que adaptarse a un formato online debido ás restricións polo aumento de casos de coronavirus.

A pandemia esta tendo repercusións sobre a saúde mental e tamén sobre as persoas que se atenden dende Cruz Vermella e que xa eran vulnerábeis. Por esta razón, é necesario contar con formas innovadoras para reforzar o apoio e o acompañamento psicosocial das persoas que máis o precisan.

Estas sesións son posibles grazas a Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras (UNESPA) que lanzou hai uns meses a campaña “Estar preparados (Para estar máis seguros)”, coa que realizaron unha importante contribución de 3,8 millóns para distintas accións do Plan Cruz Vermella Responde.  En total, 107 aseguradoras participaron nesta campaña na que quixeron que a súa financiación serva para loitar contra as consecuencias económicas e sociais da pandemia, polo que está dirixida a diferentes proxectos encamiñados a mellorar a empregabilidade, loitar contra a brecha dixital, facilitar o acceso á educación dos menores en risco de exclusión ou a ofrecer apoio e acompañamento psicosocial ás persoas vulnerábeis dentro da área de saúde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí