Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

Cruz Vermella en Baixo Miño organiza un novo obradoiro de xestión emocional

Todos os mércores dende o 20 de Abril ata o 8 de Xuño, en horario de 10.30 a 12.30, realizarase un novo obradoiro de Xestión emocional.

Todos os mércores dende o 20 de Abril ata o 8 de Xuño, en horario de 10.30 a 12.30, realizarase un novo obradoiro de Xestión emocional.

Etiquetas del contenido

Fecha: 18 de Marzo de 2022

Fuente: Asamblea Comarcal Cruz Roja Baixo Miño

Todos os mércores dende o 20 de Abril ata o 8 de Xuño, en horario de 10.30 a 12.30, realizarase un novo obradoiro de Xestión emocional. O obradoiro terá lugar nunha aula de instalacións pertencentes ó concello de Tui. Esta actividade enmárcase dentro do programa “Cruz Vermella te escoita”, que ten como obxectivo favorecer o benestar emocional das persoas e que se puxo en marcha trala crise provocada pola Covid-19.

Dentro destes talleres, que son impartidos por voluntarias especializadas en psicoloxía, trabállanse diferentes aspectos como o papel das emocións, os problemas derivados dunha mala xestión emocional, a importancia dos pensamentos, o control da ansiedade,  a regulación emocional ou  a xestión do duelo,  ó tempo que se establece o momento no que é importante pedir axuda profesional.

A pandemia está tendo repercusións sobre a saúde mental e tamén sobre as persoas que se atenden dende Cruz Vermella e que xa eran vulnerábeis. Por esta razón, é necesario contar con formas innovadoras para reforzar o apoio e o acompañamento psicosocial das persoas que máis o precisan.

Estas sesións son posibles grazas a Unión Española de Entidades Aseguradoras e Reaseguradoras (UNESPA) que lanzou hai uns meses a campaña “Estar preparados (Para estar máis seguros)”, coa que realizaron unha importante contribución de 3,8 millóns para distintas accións do Plan Cruz Vermella Responde.  En total, 107 aseguradoras participaron nesta campaña na que quixeron que a súa financiación serva para loitar contra as consecuencias económicas e sociais da pandemia, polo que está dirixida a diferentes proxectos encamiñados a mellorar a empregabilidade, loitar contra a brecha dixital, facilitar o acceso á educación dos menores en risco de exclusión ou a ofrecer apoio e acompañamento psicosocial ás persoas vulnerábeis dentro da área de saúde.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones