Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Cubela: PSOE e BNG volveron votar en contra dos concellos, da Deputación e dos veciños da provincia

O voceiro do PP de Pontevedra criticou a decisión da oposición de non reclamar ao Goberno central o incremento dos fondos do DUS 5000 durante o pleno deste venres

O voceiro do PP de Pontevedra criticou a decisión da oposición de non reclamar ao Goberno central o incremento dos fondos do DUS 5000 durante o pleno deste venres

Etiquetas del contenido

Fecha: 28 de Enero de 2023

Fuente: PP de Pontevedra

O voceiro do Partido Popular de Pontevedra, Jorge Cubela, criticou a decisión dos PSOE e o BNG de non apoiar a pedida dun incremento dos fondos do DUS 5000 ao Goberno de España no pleno provincial deste venres 27 de xaneiro. “Votar non a reclamar ao Goberno central que aumente os fondos do DUS 5000 é votar en contra dos concellos, da propia deputación e dos veciños da provincia. Nós pedimos que 27 proxectos da provincia de Pontevedra que quedaron excluídos por falta de fondos reciban un si, pero vostedes deixaron de ser unha administración útil xa non só para os concellos, tamén para a Deputación”, explicou o voceiro.

Cubela insistiu na importancia dos fondos deste programa para os distintos municipios da provincia: “Estes fondos europeos supoñían unha oportunidade importante para os pequenos e medianos concellos deste país, non vai haber outra oportunidade así para eles, porque todo vai para as cidades e as vilas. Pero vostedes sempre elixen poñerse de lado do seu partido, porque no seu grupo político non hai deputado de ningún concello de menos de 10 mil habitantes”.

Ante isto, o voceiro confronta dous modelos de Goberno, “o que representan vostedes, os socialistas nas institucións, que é o Goberno da foto, e o que representa o Goberno galego, que é o dos feitos”. Critica que a Deputación provincial deixou de ser unha administración útil para os concellos e para a propia institución provincial: “Os alcaldes que quedaron excluídos pídennos axuda, incluídos os socialistas, porque saben que vostedes sempre elixen poñerse de lado do seu partido en Madrid en lugar de defender aos concellos. E isto é así porque no seu grupo non existe un só deputado que represente a concellos de menos de 5.000 habitantes e ignoran as súas necesidades”.

 

Axudas económicas da Deputación aos concellos que sufriron danos polos temporais

Así mesmo, durante o pleno Jorge Cubela destacou a rectificación do Goberno provincial, que aceptou finalmente aprobar axudas para os municipios que sufriron danos nas súas infraestruturas durante os temporais de Nadal, mérito que atribúe ao seu propio partido: “Salientamos a rectificación do Goberno e que acepte a nosa proposta para aprobar axudas da Deputación e dar unha resposta conxunta, co Goberno central e coa Xunta, a unha situación extraordinaria. Esta é a política que esperan os cidadáns”.

Pola contra, chamou a atención na posta en escena do PSOE no Baixo Miño, na que Carmela Silva pedía fondos á Xunta pero sen comprometer un só euro da Deputación, “cando é a institución que debe cooperar técnica, xurídica e economicamente cos concellos, especialmente cos de menor capacidade económica e de xestión.

 

PSOE e BNG rexeitan reclamar máis medios para a Garda Civil no rural

Pola súa parte, a deputada do Partido Popular Pepa Pardo denunciou así mesmo que o Goberno central non está cubrindo as xubilacións nin as prazas dos axentes en situación de prestación de servizo noutras unidades. Sinalou que hai un déficit de 18 axentes, que non se renovan nin se revisan, e que "esta situación, sumada a un aumento da criminalidade, provoca que no rural os veciños estean en situación de alerta".

“É unha falacia que digan que se incrementaron os efectivos, cando se están desmantelando os cuarteis da garda civil do rural”, afirmou a deputada popular. Pardo puxo como exemplo que hai un 50% de cuarteis da provincia nos que só se prestan servizos tres días á semana. “Esta moción reclama seguridade. Non hai medios nin humanos nin técnicos para dar cobertura aos concellos do rural, é incomprensible e unha lástima que este Goberno provincial non apoien hoxe esta proposta”, continuou.

Os datos son oficiais do Ministerio de Interior, actualizados nesa mesma mañá, a taxa de criminalidade aumentou nun 20,4% na provincia. O 56% son cometidos no rural da provincia. “Con estes datos oficiais do Goberno, resulta evidente que é importante reforzar a seguridade nas zonas rurais de Pontevedra, con máis medios e efectivos”.

Así mesmo, Pepa Pardo lamentou que mentres noutras deputacións esta moción sae aprobada por unanimidade de todos os grupos, en Pontevedra é imposible porque "este Goberno sempre fai seguidismo e defensa a cegas do que marca Madrid".

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí