Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Dani Delacámara, pregoeiro este venres na XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira da Guarda

A lectura do pregón terá lugar o venres 1 de xullo ás 21:00h na Praza do Reló ás 21 horas e irá precedida pola actuación da Agrupación Musical da Guarda.

A lectura do pregón terá lugar o venres 1 de xullo na Praza do Reló ás 21 horas e irá precedida pola actuación da Agrupación Musical da Guarda.

Etiquetas del contenido

Fecha: 01 de Julio de 2016

Fuente: Concello de A Guarda

A Guarda xa está ultimando os detalles para a próxima semana na que terá lugar a 26ª edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira, unha celebración gastronómica de referencia en toda Galicia e norte de Portugal.

Entre os pratos fortes desta Festa, que terá lugar os días 1, 2 e 3 de xullo na carpa que se disporá no Porto da Guarda, está o seu pregoeiro. Este ano o elixido para dar o pistoletazo de saída a esta celebración é o coñecido humorista Dani Delacámara, polo que volve o humor á Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e como en edicións anteriores será un humorista recoñecido o encargado de dar comezo a esta festa gastronómica. O guionista e cómico é un dos humoristas máis prestixiosos de España e rostro habitual de El Club de la Comedia e Comedy Central, ademais de ter sido recoñecido polos seus monólogos e imitacións coa Antena de Oro e o Micrófono de Oro.

A lectura do pregón terá lugar o venres 1 de xullo na Praza do Reló ás 21 horas e irá precedida pola actuación da Agrupación Musical da Guarda. O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, abrirá o acto para presentar esta nova edición da Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira e dar paso ao citado pregoeiro.

Unha vez rematado o pregón os asistentes dirixiranse ó Porto da Guarda para así proceder á apertura da carpa da XXVI Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira. Ás 22,30 horas Dani Delacámara subirá ó escenario da carpa dende onde ofrecerá o seu recoñecido monólogo "Humor en defensa propia". Este primeiro día de festa pecharase coa actuación da orquestra FUTURO, pero a festa seguirá os días 2 e 3, dende a mañá á noitiña, no Porto da Guarda.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí