Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

David Regades compara o investimento da Deputación no Baixo Miño, con 30 millóns de euros en 4 anos, co cero da Xunta de Galicia

A candidatura socialista celebrou un encontro en Tomiño no que animou ao cambio o próximo 12 de xullo para combater a precariedade nos servizos públicos e recuperar a Sanidade

A candidatura socialista celebrou un encontro en Tomiño no que animou ao cambio o próximo 12 de xullo para combater a precariedade nos servizos públicos e recuperar a Sanidade

Fecha: 26 de Junio de 2020

Fuente: PSdeG-PSOE

A candidatura do PSdeG-PSOE da provincia de Pontevedra pasou por Tomiño no seu acto central para o Baixo Miño. O secretario xeral, David Regades, subliñou que a Deputación de Pontevedra investiu 30 millóns de euros nesta comarca, enchendo a paisaxe de carteis de obras, mentres o marcador da Xunta de Galicia está a cero.

Na praza do Seixo, unha contorna tamén reurbanizada cunha achega da Deputación de medio millón de euros, celebrouse o acto no que participaron as candidatas Isaura Abelairas, Leticia Gallego e Noelia Otero, ademais da voceira municipal en Tomiño, Violeta de Santiago, e os alcaldes de Tui, Enrique Cabaleiro, e A Garda, Antonio Lomba.

David Regades preguntouse por que non hai carteis de obras da Xunta en Tomiño, A Garda, Tui, Oia e O Rosal e destacou que a resposta é a nula aposta polo rural e o reto demográfico. "É fácil dicir que se cre en Galicia, pero o xeito de crer é dar oportunidades de vida e servizos á xente que quere vivir no rural; o cariño demóstrase con realidades e as realidades escríbense nos Orzamentos da Xunta".

O secretario xeral das/os socialistas pontevedreses expresou o seu desacordo con quen afirma que todos os políticos son iguais. "Houbo outra crise no ano 2008 e o que se facía era rescatar bancos e nesta crise prohibíronse os despedimentos e os desafiuzamentos, garantiuse a cobertura social cun Ingreso Mínimo Vital, axudouse ao colectivo autónomo e protexeuse á clase traballadora cos ERTE".

Subliñou que Feijoo non quería volver presentarse e mesmo chegou a ofrecerse ás grandes empresas españolas buscando un futuro laboral. "Ao final volve ser o cartel do PP cunha desgana absoluta e unha falta de compromiso total". "Se as grandes empresas dixéronlle non a Feijoo, as galegas e galegos temos a obriga de dicirlle o mesmo", concluíu.

Destacou que en cada pobo, en cada vila e en cada cidade da provincia padécense os mesmos problemas coa Sanidade pública, froito da mala xestión da Xunta de Galicia. Por iso Gonzalo Caballero comprometeu a contratación estable de 5.000 profesionais, remarcou. Preguntouse por que están as escolas infantís pechadas, impedindo a conciliación familiar, mentres o PP insta á apertura dos parques infantís.

Violeta de Santiago denunciou os recortes na Atención Primaria, que veñen arrastrándose dende antes da pandemia e mesmo se traduciron nun peche en horario de tarde do Centro de Saúde, baixas sen cubrir, nula atención telefónica e tempos de agarda escandalosos. Houbo problemas, explicou, ata para subministrar a segunda dose do virus do papiloma humano. "Esta é a xestión de Feijoo e agora temos máis de 15 días de agarda para unha consulta telefónica e o máis que probable peche do consultorio de Goián, que só a veciñanza pode parar".

A candidata Noelia Otero afeou á Xunta de Galicia a xestión das residencias de maiores, un problema que xa ven arrastrado da "vella normalidade". "Agora escoitamos falar de Domus Vi, un dos monopolios xeriátricos de Galicia, pero quen aupou a ese monopolio xurdido nesta provincia?" Preguntouse cal é o modelo de residencias do Partido Popular galego. Ademais destacou que Feijoo deixa máis de 500 camas menos na Sanidade pública e apostou pola privatización do transporte sanitario. "En Galicia, nos últimos meses, en pleno século XXI faleceron dúas persoas agardando por unha ambulancia e iso é unha vergoña". A candidata número 2, Isaura Abelairas, denunciou que a saúde despáchase agora con consultas a distancia. "A min non me da a gaña de que me chame un médico por teléfono, eu quero mirar ao médico aos ollos e que el me mire a min". En relación á política nacional lamentou que os actuais representantes da dereita perderon o medo a dicir barbaridades "é unha política deplorable, na que o falar non ten cancelas".

O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, cualificou como indecente convocar Eleccións Autonómicas no medio dunha pandemia e criticou as promesas de última hora do PP galego, que contrastan coa actitude do PP nacional que está en Bruxelas tratando de impedir que se outorguen axudas a España para saír da crise. "Temos unha enorme responsabilidade como Partido Socialista, porque somos o único instrumento para a esperanza en Galicia". "Se queremos mudar a triste realidade deste país hai que estar á altura das circunstancias".

O alcalde da Garda, Antonio Lomba, subliñou que a Xunta de Galicia non escoita aos alcaldes e alcaldesas e cualificou como "desgarradora" a situación da Atención Primaria. "Somos un animal malferido e fainos falta o osíxeno que pode achegar un novo presidente da Xunta de Galicia como Gonzalo Caballero". Destacou que toda a comarca do Baixo Miño está "moi deixada pola Xunta" e "necesitamos aire, como o que nos dá a Deputación de Pontevedra dende que chegou Carmela Silva á Presidencia, porque antes eramos anaeróbicos".
Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones