Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir

Dende o PSdeG- PSOE de Tomiño denuncian a falta de transparencia e o escurantismo practicado sistematicamente polo goberno nacionalista

Tamén foi aprobada por unamimidade unha moción para esixir ao sergas e á Xunta de Galicia a reapertura do consultorio de Goián, demanda da veciñanza que segue sen cumplirse

Tamén foi aprobada por unamimidade unha moción para esixir ao sergas e á Xunta de Galicia a reapertura do consultorio de Goián, demanda da veciñanza que segue sen cumplirse

Etiquetas del contenido

Fecha: 17 de Agosto de 2023

Fuente: PSOE Tomiño

O xoves día 10 de agosto celebrouse en Tomiño pleno ordinario no que entre outras cuestións foi tratada a aprobación inicial da modificación puntual n° 10 do plan xeral de Tomiño.


Esta modificación puntual para nun futuro implantar chan industrial no noso concello, abrangue dende Goián a Estás, ten unha lonxitude de 3 km. e serán 1.134.000m2 a modificar, a maioría de rústico a solo industrial, urbanizable e de dominio público.


En marzo do ano 2021 este proxecto foi presentado á Xunta de Galicia, pero nin os propietarios e afectados nin a oposición tiveron coñecemento desta actuación ata o de agora.


Como é posible que un proxecto desta envergadura leve oculto durante anos? Pregúntanse dende o PSdeG- PSOE de Tomiño e denuncian unha vez máis a falta de transparencia e o escurantismo practicado sistematicamente polo goberno nacionalista, neste caso, nun tema tan importante como a ordenación do noso territorio.


As e os afectados queren saber si o desdobre da recta de Figueró está vinculado a este proxecto, si houbo algunhas persoas que se beneficiaron durante estes anos comprando terreos rústicos sabendo que ían a recalificarse como urbanizable ou empresarial, por qué ao longo destes anos non houbo ningún contacto cos e cas propietarias para informarlles… Moitas son as preguntas que se fan os donos das terras e as socialistas demandan respostas, polo que abstivéronse na votación, porque si ben é certo que Tomiño necesita urxentemente chan industrial, a transparencia, a participación veciñal e as boas prácticas son indispensables en procesos como este.


As socialistas levaron tamén unha moción para crear unha comisión de honras e distincións en Tomiño, ao igual que existe na maioría dos Concellos, para regular a participación veciñal con representación de personalidades no eido cultural e social para achegar o concello á cidadanía e a transparencia do mesmo. A moción, transaccionada, foi finalmente aprobada por unanimidade.


Foi presentada tamén polas socialistas unha moción de urxencia, a petición da familia do Pintor Mario Rodríguez, tomiñés distinguido no ano 2017, na que piden o acordo do Pleno para que o Concello inicie negociacións para asumir a restauración dunha parte do seu legado pictórico e asine unha cesión temporal para que estes cadros sexan expostos na biblioteca municipal, Espazo Isaura Gómez, tal como era a vontade e desexo do artista.


A moción foi tamén aprobada por unamimidade, o que para Violeta de Santiago, pon de manifesto a vontade do grupo socialista de facer política útil para os tomiñeses e tomiñesas.


Ademais, tamén foi aprobada por unamimidade unha moción para esixir ao sergas e á Xunta de Galicia a reapertura do consultorio de Goián, demanda da veciñanza que segue sen cumplirse, e que as socialistas temen sexa unha estratexia electoralista de cara a vindeiras eleccións autonómicas. Esperemos que non sexa así, e se reabra o consultorio médico de xeito inminente, pois é unha necesidade urxente da veciñanza, á que hai que darlle resposta xa, manifesta a voceira socialista.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí