Almacenamos o accedemos a información en un dispositivo, tales como cookies, y procesamos datos personales, tales como identificadores únicos e información estándar enviada por un dispositivo, para anuncios y contenido personalizados, medición de anuncios y del contenido e información sobre el público, así como para desarrollar y mejorar productos.
Con su permiso, podemos utilizar datos de localización geográfica precisa e identificación mediante las características de dispositivos. Puede hacer clic para otorgarnos su consentimiento a nosotros para que llevemos a cabo el procesamiento previamente descrito. De forma alternativa, puede acceder a información más detallada y cambiar sus preferencias antes de otorgar o negar su consentimiento. Tenga en cuenta que algún procesamiento de sus datos personales puede no requerir de su consentimiento, pero usted tiene el derecho de rechazar tal procesamiento. Sus preferencias se aplicarán en toda la web. Más información.

Reducir
  • Abre en nueva ventana: Infomiño.com te informa donde estés: noticias directas a tu WhatsApp.

DEPORTE, MÚSICA E TEATRO NA PROGRAMACIÓN DO SÁBADO DAS FESTAS DE SAN TELMO

O sábado, 2 de abril, o deporte, a música e o teatro centran as programación prevista nas festas de San Telmo 2016.

Disputarase a carreira da broa, haberá tenis, slot, fútbol e preto dun centenar de vehículos participarán na concentración de coches clásicos

Fecha: 02 de Abril de 2016

Fuente: Concello de Tui

O sábado, 2 de abril, o deporte, a música e o teatro centran as programación prevista nas festas de San Telmo 2016.

O programa previsto comezará ás 10h no palco da música no Paseo da Corredoira coa saída da Andaina Saudable San Telmo, que forma parte do Circuíto de Andainas Saudables da Eurocidade.

Media hora despois, ás 10.30h no Paseo da Corredoira, celebrarase a recuperada "Carreira da Broa", dentro dunha xornada que incluirá "Xogos populares". Poden participar nesta carreira os interesados con idades entre os 5 e os 16 anos, que se deberán inscribir na zona de saída, a partir das 10.00 horas, repartíndose en diferentes categorías. Os premios roscóns doados por panaderías tudenses.

Mañá abrirá de 11 a 20h no recinto do IES San Paio a Feira Agroalimentaria. A entrada ten un prezo de 1€.

A charanga tudense Cantos Somos actuará polas rúas de Tui a partir das 12h e pola tarde dende ás 17h.

Pola tarde son tres as propostas deportivas. Dende ás 16h no Paseo da Corredoira Club Tenis Tui organizará o "Tenis na Rúa" coa montaxe de 5 pistas de minitenis abertas a participación de quen desexe. Tamén a partir das 16.00 horas, no pavillón deportivo do IES San Paio de Tui, disputarase o "I Torneo Slot Festas de San Telmo", organizado polo Club MosSlot. Cinco pistas de scalextric albergarán esta competición, incluída dentro do Campionato de Slot 1/32. Tamén ás 16h comezará no Campo de Fútbol Municipal Álvarez Durán a "Copa San Telmo Eurocidade", triangular de fútbol veterano, entre os equipos do S.C.Valenciano, o Real Celta de Vigo Veterano e o equipo local, Tyde F.C.

Preto dun centenar de coches participarán na Concentración e Exposicións de coche antigos prevista no Paseo da Corredoira a partir das 17h. Os participantes posteriormente realizarán unha ruta polo municipio.

Animación musical proseguirá dende ás 20.15h polas rúas de Tui co desfile de Xigantes e Cabezudos, grupo de gaitas Lóstregos e de baile Saragana da A.X.C. do Traxe Tradicional de Tui.

Ás 20.15h no Teatro Municipal remata a VIII Semana de Teatro Afeccionado San Telmo da man do grupo de teatro Santiago de Malvas que estreará "A verdadeira historia de carapuchiña vermella". As entradas poranse á venda ás 19.45h ao prezo 1,5€.

Ás 21.30h celébrarase o II Encontro de Bandas de Gaitas Cidade de Tui na Praza de San Fernando, ou en caso de choiva na igrexa de Santo Domingo. Participarán a Banda de Gaites LaKadarma de Asturias, a banda de gaitas Nova Fronteira de Ourense e a Banda de Gaitas San Xoán de Paramos, que organiza o encontro.

Por último a verbena será amenizada pola orquestra Pasarela no Paseo da Corredoira e pola orquestra Aramio rúa Compostela.

Otros contenidos relacionados

Contenidos relacionados

Nuevo comentario

Debe estar validado para poder dejar un comentario, puede validarse o registrarse aquí

  • Abre en nueva ventana: Paseo en barco por la ría + Degustación de mejillones